Comezou a rodar o balón no noso senior

Na tarde de onte, no Campo da Aira de Velle, o equipo senior da 2ª Autonómica comezou os adestramentos ás ordes de Alonso Méndez e Daniel Bolaño.

Máis dunha veintena de xogadoras serán as encargadas de formar unha plantilla moi nova en idade e con pouca experiencia, pero moi grande en entusiasmo e ilusión.

Ata o Primeiro adestramento acercouse o equipo infantil B da Escola Municipal de Barbadás co cal as nosas xogadoras compartiron adestramento e disputaron as suas primeiras evolucións como equipo.

A plantilla volverá ó traballo mañá pola tarde no mesmo terreo de xogo do Campo da Aira de Velle, grazas á colaboración e comprensión que estamos a recibir en todo momento pola directiva de Clube Deportivo Velle á cal dende estas liñas queremos agradecer públicamente.

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content