Comezou o senior a traballar…

Ás 12:30 no Monte da Aira de Velle comezou a nosa versión 2.0 do noso equipo senior a traballar as ordes de Ivan Canal e Juanma Bello. 

Despois dunha breve presentación e unhas verbas de benvida por parte do presidente do clube comezáronse a sentar as bases do que será o noso segundo equipo en categoría senior na historia do clube, tendo en conta tamén que esta será a primeira pretempada que realizaremos xa que a pasada tempada tan só tivemos nove escasos días para formar unha plantilla e poñernos a competir.

Mario Gómez dalle a benvida as xogadoras antes do comezo da sesión

Un bo número de xogadoras pediunos a oportunidade de probar para incorporarse as filas do noso senior, polo que o corpo técnico ten moito traballo por diante para filtrar da mellor maneira as xogadoras idoneas para a plantilla. Moitos adestramentos teñen planificados durante o mes de agosto. De luns a venres de 12:30 a 14:00 acumularán moito traballo con vistas a chegar nas mellores condicións ao inicio da competición que se prevé para mediados de setembro. 

As nosas xogadoras enfróntanse a unha longa pretempada para cargar pilas para a competición

O martes 6 na sede da Real Federación Galega de Fútbol en Santiago darase a coñecer os grupos da 2ª autonómica galega, hai ganas xa dende o clube de coñecer a composición do noso grupo despois que o noso grupo 4° acumulara a pasada tempada 3 dos 7 ascensos que tivo a nosa categoría, dando mostras por tanto de ser o grupo máis competitivo sen dúbida da competición. 

Check Also

Touro-Rosalía: a polo cuarto posto

O noso equipo visita o Municipal de Loxo no encontro da 22.ª xornada de Liga …

Skip to content