Noa Fírvida novo reforzo do noso senior

Pouco a pouco imos perfilando o plantel do noso equipo senior cara a nova tempada.

O equipo que este ano estará dirixido por Iván Canal, refórzase coa chegada de Noa Fírvida, ourensana de 19 anos, que en decembro cumprirá os 20 e que regresa ao fútbol despois de xogar a pasada tempada no fútbol sala e ter un amplio currículo deportivo en diversos equipos da cidade.

Noa posa ca súa nova camiseta e co presidente Mario Gómez

Noa iniciouse na práctica do fútbol nas Escolas deportivas Barbadás, pero por idade tivo que cambiar o fútbol 11 polo Sala, onde estivo enrolada 7 anos no Cidade das Burgas, clube dende o que deu o salto ao fútbol 11 para formar parte da plantilla da UD Ourense feminina pero a sua desaparición fixo que voltase a tempada pasada ao fútbol sala, defendendo a elástica do Couto FS.

Despois de adestrar unhos meses con nós ao final da tempada pasada toma a decisión de formar parte do noso proxecto “Voltei ó fútbol 11 por diversos motivos, pero o principal foi a amabilidade coa que me abriron as portas para poder adestrar sen pertencer ó clube e o bo trato recibido por parte das miñas compañeiras, do presidente e de todo o corpo técnico”.

A terceira incorporación que facemos cara a nova tempada non tivo dúbidas e afirma que “para min é un orgullo enorme xogar no único equipo da provincia de Ourense, que aposta pola canteira e polo fútbol feminino integramente. Pertencín a outros clubes deportivos que tiñan seccións femininas, mais a Escola de Fútbol Feminina Rosalía é o único que representa en exclusiva estes valores”.

A nova mediocentro deixanos a sua reflexión de como se definiría deportivamente como xogadora. “Non sei moi ben como definirme, pero considérome unha xogadora ambiciosa, loitadora, solidaria no xogo e agardo contribuír positivamente ao equipo

A posición coa que me encontro máis cómoda e penso que axudo máis ó equipo é mediocentro, aínda que me queda moito por aprender e mellorar”

Para nós a chegada de Noa supón o continuar ca liña de xogadoras que aporten ao clube non só no campo senon tamén no vestiario e sirvan para encamiñar as máis novas co seu exemplo e a súa forma de ser. 

Dende o clube esperamos que se integre rápidamente nun vestiario que xa coñece e no que será moi ben recibida.

Check Also

O senior xa coñece aos seus rivais para a tempada 2024/25

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía queda encadrada no Grupo II da Segunda Galega.A Escola …

Skip to content