Con confianza a pola terceira vitoria consecutiva

A EFF Rosalía reciba ao Xuventú nun partido inédito co obxectivo de dar outro paso cara á fase de ascenso da competición (19.00 h, Youtube).

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía enfrontarase ao Xuventú Aguiño por primeira vez en categoría sénior, esta tarde ás 19.00 horas, nun escenario que segue sendo unha fortaleza para as pontinas, o Municipal de Oira. As de Tamayo tentarán consolidar o seu posto en fase de ascenso do Grupo II e ampliar a distancia cos seus rivais na táboa clasificatoria.

O noso equipo está a terminar ben este mes de novembro e despois das dúas goleadas consecutivas ante Vitoria “C” (7-0) e Praíña (0-8), as pontinas chegan a este encontro con ganas de seguir a serie positiva en canto a sensacións, xogo, resultados e co obxectivo de seguir sumando para manterse nos postos nobres da táboa clasificatoria.

Ambos os equipos chegan á undécima xornada con traxectorias contrapostas. Mentres Rosalía gañou catro do últimos cinco partidos, os seus rivais do Xuventú, gañaron e empataron un no mesmo número de encontros. Tres puntos importantes para enfrontar con sensacións positivas a seguinte xornada en Vista Alegre fronte ao segundo clasificado, Concello de Boiro. Así, o técnico azul, afronta o encontro de hoxe coas seguintes xogadoras:

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Noa.
Defensas: Laura, Matilde, Sabela, Sampayo, Miriam e Feijóo.
Centrocampistas: Cloe, Aldarita, Bonjoch, Candela e Aroa.
Dianteiras: Vicky, Zaira, Clau e Noui.

Balance do Xuventú
O noso rival gañou a Vitoria ‘C’ (7-0), Chantada (1-5) e Cacheiras (1-2), empatou con Pontellas na última xornada (3-3) e con Concello de Boiro (3-8), Porriño (4-3), Mos ‘B’ (2-5), quedándolle pendentes os encontros fronte a Praíña e Calo. Rut é a súa máxima goleadora con oito tantos, seguida por Carla con seis.

Así, o partido correspondente á undécima xornada da 2.ª División Galega Liga Feminina dará comezo ás 19.00 horas deste domingo no Municipal de Oira, coa arbitraxe do colexiado do CTA de Ourense Adrián Rodríguez Fernández. Como é habitual, o partido poderá seguirse en directo desde a plaforma de Youtube do club: https://youtube.com/live/oAjAKJ7Elvw?feature=share

Check Also

Así queda o calendario para a liga 2024/25

As xogadoras de Tamayo comezarán o campionato a domicilio o domingo 15 de setembro no …

Skip to content