Conformado o corpo técnico do equipo infantil

Diego Castro e María Suárez serán os encargados de dirixir a EFF Rosalía Infantil a próxima tempada.

O corpo técnico da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Infantil para a tempada 2021-22 está integrado por Diego Castro (1998, Ourense) como primeiro adestrador e María Suárez (1997, Ourense) como axudante. Ambos integrantes asinan un contrato dunha tempada polo club e serán os encargados de seguir o traballo de Alba Rodríguez, técnica do equipo as dúas últimas tempadas.

Diego Castro chega procedente da SDC Santa Cruz e avalado con cinco anos de experiencia no fútbol de base. Dirixiu aos equipos Alevín “B”, Alevín “A”, Infantil e Xuvenil “A” as últimas catro tempadas, realizando o seu debut nos banquiños na tempada 2016/17 adestrando o Alevín “A” da AD Bosco de Ourense. O técnico ourensán conta co carnet de adestrador UEFA-A e é especialista en Metodología e preparación física.

Castro no momento de firmar o contrato que o une á EFF Rosalía.

O técnico estará acompañado por María Suárez, adestradora en formación co carnet de Nacional-C e con experiencia en categorías inferiores no fútbol base malagueño feminino. Coa sua dilatada experiencia como xogadora e adestradora, o club pensou na nova axudante como un perfecto complemento do primeiro adestrador e continuar o traballo feitos os últimos anos.

María firma por unha tempada coa EFF Rosalía.

O presidente Mario Gómez deu a benvida aos novos técnicos: “Hoxe a familia do Rosalía damos a benvida a unha combinación de estes dous formadores que pode ser moi positiva para o noso plantel infantil”.

Diego
“Trátase dun adestrador con experiencia, cun gusto polo xogo combinativo e por facer mellorar ás xogadoras técnica e tácticamente sen descoidar a súa condición física”.

María Suárez
“Trátase dunha malagueña que por circunstancias da vida rematou vivindo na nosa terra. Aproveitando que ten experiencia na formación de canteira e titulación creemos que pode ser o complemento ideal para as nosas infantiles ao ter un espello ideal no que verse reflexadas”.

Ao final do acto procedeuse a facer a correspondente foto de grupo do novo corpo técnico e a posterior roda de prensa aos medios do club dos novos adestradores.

O primeiro en falar foi Diego, que sinalou que decidiu unirse á familia do Rosalía “para aportar o meu granito de area ao gran labor que fai o club polo fútbol feminino en Ourense”. Sobre que estilo quero para o seu equipo, o no técnico explicou que “como adestrador en fútbol formativo intento que os meus equipos adquiran o máximo de conceptos posibles do xogo e que o fagan divertíndose en cada sesión de adestramento”.

Pola sua banda, María foi mais comedida nas suas palabras, destacou que “decidin aceptar a proposta de ser axudante de Diego para coñecer como é o fútbol aquí en Ourense e adquirir máis experiencia e coñecementos cara o futuro”.

Sobre a próxima tempada, os dous adestradores estaban dacordo “esperamos poder contribuír a que o club siga crecendo e que as pícaras gocen gocen e fagamos un gran equipo”.

Check Also

Gran triunfo do Infantil no Municipal de Oira

O noso equipo gañou no Municipal de Oira cos goles de Cayetana, María, Mihret, Nicole …

Ir o contido