Saa e Otero renovan ata 2022

O noso técnico, que chegou en 2021 ao club, convértese no adestrador que máis tempadas consecutivas dirixirá ao club. Jonny Otero tamén renova xunto ao adestrador catalán.

Miguel Saa renovou como adestrador da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía ata o próximo 30 de xuño de 2022. O noso adestrador, xunto ao seu corpo técnico, asinaron o seu novo contrato na sé do club que amplía o seu vínculo coa nosa entidade. Dáse continuidade así a un proxecto que comezou coa chegada do adestrador catalán en 2020 e que deu lugar a mellor tempada do noso club, na que conseguimos a liga perfecta ao gañar todos os partidos da Fase Regular e clasificarnos para semifinais do playoffs de ascenso. Con eles, Saa converteuse no noso técnico con mellor balance vitorias-derrotas.

Ademais da renovación do técnico, o seu axudante tamén acompañará a Saa ata 2022: Jonny Otero (preparador físico e de porteiras) tamén rubricou esta ampliación que se converte na mellor noticia para comezar a tempada 2021/22.

Otero atento as explicacións de Saa durante un adestramento.

Saa involucrouse, desde o primeiro momento, no proxecto do club. A pasada tempada exerceu de axudante de María Feijóo no equipo Promesas e, debido á baixa de Alba Rodríguez por motivos de estudo, formou tándem con Vane Abadín no equipo Infantil que se clasificou para a final da súa Liga. Un ano máis, Miguel Saa seguirá involucrado en máis equipos que o senior, noticia que se anunciará nos próximos días.

Jonny Otero, pola súa banda, tamén seguiu os pasos de compañeiro no corpo técnico do equipo senior. Ademais de encargarse do primeiro equipo foi o preparador de porteiras de todos os equipos, realizando adestramentos específicos con todas elas, función que exercerá nuevamente a campaña 2021/22.

No acto da firma o presidente Mario Gómez agradece seu compromiso: “dende o primeiro momento o compromiso do corpo técnico co clube é evidente e para a Escola era importantísimo ter un corpo técnico que só mirara para a punta da pirámide, senon que confiara en todo o que ven por abaixo que é moi bo. A renovación era indiscutible e inda que houbo algún fleco por motivos extradeportivos, a posición da directiva sempre foi firme e clara e eles responderon a nosa confianza o que significa a mellor das novas ca que podíamos pechar a tempada 20/21 a falta do ascenso. O ascenso sigue no punto de mira e sin ser unha obsesión, ben seguro que é o obxectivo común que compartimos as xogadoras, o corpo técnico e a directiva. Estamos seguros que ca renovación do corpo técnico ese obxectivo común está máis preto”.

O técnico explicou as dúbidas que tivo á hora de renovar: “Eu tiña claro que si a directiva quería, eu quería seguir no Rosalía, ben é certo que na miña cabeza pensaba máis nunha continuidade cun Promesas que coas senior, pero decidimos darnos unha nova oportunidade e trataremos de levar á práctica todo o que aprendemos nesta última tempada, así como corrixir pequenas cousas que consideramos que se poden mellorar”.

“Ao final o sentirse valorado e o interese da directiva na nosa continuidade foi determinante. Tamén ver que Jonny e Sobrino víanse con ganas de seguir e manteriamos o grupo de traballo foi importante. Ademais a experiencia gustounos, e queremos seguir aprendendo”, remarcou Saa.

Próxima tempada
“Creo que vai ser un bo ano, non só para o senior, si non para o club. Teño ganas de empezar co novo plantel, creo que reforzaremos os puntos débiles que podriamos ter e que si chegase unha ou dúas xogadoras máis serían a guinda ao pastel, pero si non é así, creo que queda un grupo máis amplo e compensado que a tempada anterior”.

Con esta rúbrica prolongamos así o noso vínculo con Miguel Saa e Jonny Otero para continuar cun proxecto ilusionante, afrontando novos e bonitos retos xuntos, o que resulta unha gran noticia para todos na familia Rosalía.

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content