O molgués asinou o contrato logo de realizar as prácticas a pasada tempada no equipo senior.
Jorge Sobrino xa é adestrador da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía. O técnico molgués asinou xunto ao presidente Mario Gómez o contrato que lle unirá ao club durante a próxima tempada. Despois, Sobrino pousou na sede do Rosalía cunha camiseta conmemorativa co seu nome. Ademais, recibiu as felicitaciones dos seus compañeiros no banquiño a tempada pasada.
Jorge Sobrino (Baños de Molgas, 1998), procede da canteira do Club Deportivo Allariz, club no que xogou en todas as suas categorías.
Unha vez estampada a sua firma no contrato, o técnico pronuncio as suas primeiras palabras como azul: “A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía foi un club que me acolleu cos brazos abertos dende o primeiro momento, por eso non o pensei non un minuto cando recibín a proposta de facerme cargo do equipo Cadete. Ademais paréceme que hai un proxecto deportivo incríbel para o fútbol feminino ourensán”.
Na posterior roda de prensa para os medios do club, Sobrino explicou como lle gusta xogar “creo no rigor táctico, polo que é un dos aspectos que mais me gusta traballar coas xogadoras”. Preguntado pola tempada que se aveciña, sinalou que “sexa unha tempada normal e o tema sanitario permita xogala. En canto ao tema deportivo, que as xogadoras progresen e gocen o máximo posible nesta nova categoría do fútbol feminino galego”.
No acto da firma, o presidente Mario Gómez valoraba a elección do técnico:” tal e como está evolucionando o noso club é importantísimo que todos e cada un dos adestradores que forman o noso organigrama remen cara o mesmo sitio e miren cara o senior e non se preocupen en gañar trofeos nin en facer equipos que sexan o seu reino particular e Jorge Sobrino encaixa perfectamente nese perfil. Él entende que o obxectivo principal do equipo cadete é o de formar xogadoras para o equipo senior e para facilitar ese labor tentaremos dentro do posible que os adestramentos coincidan o máis posible entre ambos equipos”.
Tamén aproveitou para explicar a filosofía do novo equipo: “Queremos que o cadete sexa un filial do senior. Un equipo no que terminar de moldear os talentos que veñen dende abaixo. Así mesmo terá que ter unha coordinación total co noso infantil xa que haberá unha boa parte do equipo cadete que inda estará en idade infantil”. “Todos dende o club deberemos de traballar a unha, dende as máis peques ata o senior e todos debemos de ser un”, rematou afirmando.