O Cadete recibe ao Lóstrego, líder do Sub-Grupo B

Tras a vitoria ante San Mateo, as de Alberto Tamayo afrontan o primeiro dos dous partidos que restan en casa antes de que termine a primeira fase.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Cadete recibe este sábado ao Lóstego CF de Gondomar no Municipal de Oira. As pontinas, que veñen de sacar tres puntos no sempre complicado campo do San Mateo, buscarán un resultado positivo desde o esforzo dun grupo de xogadoras que está a ir a máis co paso das xornadas. En fronte, as de Alberto Tamayo terán a un rival que sempre resulta complicado como é o equipo gondomarés, que sempre se mostrou con intensidade, ben traballado ata o final dos encontros e invicto no que vai de campaña. De feito, ao repasar o sucedido no último precedente entre ambos os conxuntos, o partido da primeira volta, Marta Rouco adiantou ás rivais a piques de chegar ao ecuador do primeiro acto e tras tres minutos fatídicos fóronse ao descanso con 3 goles de vantaxe.

Lóstrego
O líder do Sub-Grupo B soamente a perdido tres puntos nas 11 xornadas anteriores, o seu balance é de 8 vitorias e 3 empates, dous deles a domicilio, o último na súa última saída fronte a Mos (1-1).

A decimosegunda xornada da Liga Galega Cadete dará comezo para as pontinas ás 18.00 horas de mañá sábado no Municipal de Oira, coa arbitraxe da colexiada ourensá Andrea Quintana Couceiro.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content