A EFF Rosalía venceu ao Touro e mantén a súa serie de triunfos grazas aos tantos de Bonjoch e Sampayo.
Vitoria da Escola de Fútbol Feminino Rosalía no seu segundo partido consecutivo no Municipal de Oira. As pontinas brindaron ao público o cuarto triunfo consecutivo do curso, mantendo a portería a cero e impoñéndose á SD Touro na quinta xornada de Liga. Bonjoch marcou o primeiro (2’) e Sampayo anotou o 2-0 na segunda metade (49’). É o cuarto triunfo consecutivo neste gran arranque de tempada das de Tamayo, que se manteñen en postos de fase de ascenso.
Non puido empezar o encontro da mellora maneira: abrindo a lata cando o reloxo marcaba o segundo minuto do encontro, por parte de Bonjoch. A centrocampista recibe un balón ao espazo entre as centrais, preséntase no cara a cara ante Mencía e supéraa por abaixo (1-0). Sara, dous minutos despois, nun bo contragolpe rematou a porta con Bonjoch esperando para empuxala ao fondo da rede en área pequena. No 7’, Enma tentouno de lonxe, pero o seu disparo saíu desviado. A relaxación despois do gol das locais, propiciou que a sensación era que estaba máis cerca o gol visitante que a ampliación da vantaxe e apunto estivo de ocorrer. No 26′, Zaira Fernández recolle un balón de saque de porta de Noa, pero o seu tiro o bloca a nosa gardameta. Catro minutos despois da media hora de xogo, Rocío probou sorte a balón parado sen atopar os tres paus.

Ao volver do descanso, todo torceuse para o conxunto dirixido por David Pazo. Nada máis empezar a segunda metade, as tourenses quedaron con dez ao ser expulsada Laura Tato por dobre amarela tras un agarrón sobre Bonjoch na frontal da área. O tiro posterior de Zaira sae alto. Aínda así, puido empatar o Touro, pero o disparo de Zaira Fernández con Noa adiantada pegou no traveseiro. Tan só un minuto despois, a sentenza. Bonjoch recupera a posesión na medular, ve a carreira de Sampayo e filtra un balón que deixa á súa compañeira soa ante Mencía, cruzando ante a saída da gardameta visitante (2-0, minuto 49′). Pouco despois, Laura protagonizou unha ocasión de perigo, pero o seu remate de cabeza tras un córner executado por Zaira, saíu despedido polo traveseiro. De aí ao final, tan só chegou o perigo en ambas as áreas nun contragolpe de que Nerea remata ao lateral da rede.
Cuarta vitoria consecutiva para o noso equipo sénior e cuarto partido con portería a cero. Doce de quince puntos posibles en Liga, que colocan ao equipo de Alberto Tamayo segundas, empatadas con Arenteiro e Antas.
FICHA DE PARTIDO
2-Rosalía: Noa, Aldarita, Zaira (Sanmiguel 82′), Clau, Sara (Candela Losada 79′), Bonjoch, Rodiño (Aitana 65′), Laura, Sampayo (Matilde 82′), Sabela (Andrea 46′) e Candela Bouzas.
0-Touro: Mencía, Nerea (Laura 46′), Uxía, Laura López, Zaira Fernández, Lucía, Irene, Laura Tato, Enma, Carla (Noelia 50′) e Rocío.
Goles:
1-0 (min. 2′): Bonjoch.
2-0 (min. 49′): Sampayo.
Tarxetas: Laura Tato (23′ e 47′), Sabela (42′) e David Pazo (68′)




