O Infantil non logrou puntuar no Manuel Jiménez Ábalo tras non conseguir o empate nos últimos minutos.
A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Infantil perdeu ante o Atlético Arousana no seu regreso á competición no partido correspondente á 3.ª xornada da Fase Título. O noso equipo, que tardou en coller o ritmo do encontro, sempre foi a remolque e sigue a serie negativa sen sumar nesta parte do campionato.
Partido que comezaba con ritmo lento e falto de intensidade por parte das azuis. O Infantil non saiu ao partido coa intensidade e as ganas necesarias que exige esta parte do campionato contra os mellores equipos da categoría. As de Quique e Castro sairon coa intención de dominar o xogo, pechar ao rival en campo contrario e ser verticais con ataques rápidos. O primeiro mazazo chegaria aos poucos minutos , un mal despexe na frontal do área remata aos pés de Aldara Rey e envía o balón ao fondo da rede aos dez minutos de xogo. Tres minutos despois, chegou o empate das azuis. Recuperación na medular e pase ao espazo á carreira de Sara, a dianteira non falla no man a man ante Thais (1-1).
A volta dos vestiarios, un desbaraxuste defensivo na banda dereita deixa soa á dianteira local na primeira chegada arousá. Silvia Dieste non perdoa cunhada disparo cruzado ao que nada puido facer Karla. A Escola de Fútbol Feminina Rosalía volcouse en busca do empate e logrouno, Esmeralda estivo máis viva cas centrais visitantes e anticipou a punteira da bota para colocar o 2-2. Minutos mais tarde , nun contragolpe local, o colexiado, Caeiro Mariño, sinalaria un penalti moi dudoso que encargaríase de executalo Silvia Dieste. As nosas o seguirán intentando ata o final pero o resultado xa non se moveu.