O Infantil busca o seu primeiro triunfo ante Mos

As de Quique e Castro loitarán por facerse fortes no Municipal de Oira neste importante tramo de competición

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Infantil mídese este domingo ao Mos no campo principal das instalacións deportivas de Oira para tentar sumar os seus primeiros puntos nesta fase do campionato. O conxunto de Quique e Castro, que vén de competir ante o Arousana a pesar da dureza do resultado final, busca terminar con boas sensacións o seu último partido da primeira volta na casa e un triunfo que lle permita volver sentir as boas sensacións do equipo na primeira fase.

En fronte, un rival que chega instalado no primeiro posto con 9 puntos. As de Emilio José Rodríguez lograron vencer de forma consecutiva no mes de marzo a Vitoria FC, Orzán e Pastoriza, iniciando esta fase con pleno de triunfos. Rival coñecido, ao estar encadrado no mesmo subgrupo na primera fase e nada fácil.

Como é habitual, o corpo técnico pontino compareceu ante os medios oficiais para valorar o choque do domingo, centrándose primeiramente no rival: “Recibimos ao que posiblemente sexa o mellor equipo da categoría, boa oportunidade para seguir crecendo e sumando experiencias como futbolistas”.

Para esta cita, os técnicos pontinos citan na convocatoria ás seguintes 16 futbolistas:

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Karla.
Defensas: Ainhoa, Ainara, Candela Losada, Lea e Carlota.
Centrocampistas: Aline, Andrea, Sabela, Sofía, Lucía Carral e Esmeralda.
Dianteiras: África, Sara, Cristina e Victoria.

A cuarta xornada da Fase Título dará comezo para as pontinas ás 12.30 horas deste domingo no Municipal de Oira, coa arbitraxe do colexiado ourensán Daniel Cabano Docasar.

Check Also

O Infantil gaña ao Louro no Municipal de Oira

O noso equipo fíxose co triunfo grazas aos tantos de Sara, Cayetana e Mihret (2). …

Skip to content