O Cadete comeza a segunda fase cunha vitoria

As de Tamayo suman tres puntos no Municipal de Oira despois de xogar os últimos minutos da segunda metade cunha futbolista menos.

Era importante sumar no primeiro partido da segunda fase e eso é o que fixo a Escola de Fútbol Feminina Rosalía, levarse a vitoria no Municipal de Oira fronte ao San Mateo. O Cadete non o tivo fácil. Quedou con dez no minuto 74 e púxose por diante con goles de Nair e Antía, pero as visitantes tiveron ocasións para igualar o partido. A esixencia desta segunda fase manifestouse desde os primeiros minutos, nos que ambos os equipos xogaron os peores minutos do partido. Aínda así contaron con tres ocasións para abrir o marcador.

A primeira delas aos 10 minutos nunha contra veloz de Antía na que se atopou coa porteira rival e rematou ao lateral da rede. Cinco minutos despois, mesma protagonista, o seu centro-chute desde a esquerda despéxao Laura a córner. Aos 25 minutos, un chute de Tegra desde o bordo da área terminou nas mans de Laura. No descanso, Ramos Bastos decide sustituir a Laura por María, cambio de guardametas. Non comezou ben a segunda parte para as de Tamayo, que gozaron de dúas claras ocasións con mesmo desenlace. Antía e Sanmiguel non acertan coa portería en senllos remates en área pequena. As”laranxas”, entre medias, probaron sorte a balón parado, pero o tiro de Erika o bloca Lucilú sen problemas.

Vídeo: Partido completo https://bit.ly/3zegBHy

Goles
Lonxe de renderse, o Cadete púxose por diante aos 53 minutos de xogo. O premio chegou tras unha das numerosas internadas polo sector dereito de Clau. A dianteira supera a sua defensa e cae derrubada dentro da área e o colexiado, Renny Mazaira sinala penalti de Nerea. A encargada de executalo é Nair (1-0, minuto 53′). O gol espoleó ás pontinas, que oito minutos despois aumentaron a vantaxe nunha gran asistencia de Nair ás costas da defensa que deixa soa a Antía, que cruza a pelota ante a saída de María (2-0). Parecía máis cerca un novo gol local que un visitante, con todo, foi o San Mateo quen logrou o 2-1 nunha xogada sen perigo algún. Un despexe da defensa visitante caba aos pés de Alma, cede a Lucilú e o esférico termina no fondo da rede. As visitantes insistiron, Lucía González e Estrella non encuentraron remate ante as saídas de Lucilú, nos dous seguintes achegamentos. Aínda así, tivo as últimas o Cadete cun pase da morte de Antía que Clau non puido converter no gol da o tranquilidade. Antes, a xogada polémica do encontro. Clau intérnase pola o dereita, avanza cara a área pequena e ante a saída de María cede atrás a Nair, pero Mazaira Rodríguez decide sinalar fóra de xogo ante as protestas de grada e banco. Non houbo tempo para mais a pesar dos seis minutos de desconto.

Check Also

Fin de semana Liga Cadete

Derrota do equipo ‘Amarelo’ e partido adiado do ‘Azul’ na súa viaxe a Valladares.Penultima xornada …

Skip to content