Desprazamento a domicilio para os dous equipos Promesas

Dará o pistoletazo de saída o Promesas ‘B’ o sábado en Cambados, mentres as súas compañeiras desprázanse a Mos na matinal do domingo.

Os dous representantes da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía terán compromisos a domicilio na decimosexta xornada da Liga Galega Promesas. A EFF Rosalía Promesas ‘A’ visita á UD Mos (11:00h; domingo; As Baloutas), mentres que as súas compañeiras do Promesas ‘B’ terán en fronte a Juventud de Cambados (10:00h; sábado, Municipal de O Pombal Pequeno).

UD Mos-EFF Rosalía
Difícil rival o que se atoparán nas Baloutas as de María Feijóo, unha UD Mos líder invicta do Grupo Sur, máximas goleadoras e menos goleadas. O obxectivo claro, seguir crecendo como xogadoras sen esquecer o adestrado durante a semana sen mirar o marcador. De reollo, intentar dar a sorpresa e seguir o ritmo de Umia, último equipo que dá opción de xogar fase polo título. Iara, que non estivo presente na convocatoria da semana pasada, será dúbida ata última hora.
O partido estará dirixido polo colexiado do comité vigués Anxo Igrexas Rodríguez.

As integrantes da convocatoria do Promesas ‘B’ terán que madrugar o sábado.

Juventud de Cambados-EFF Rosalía ‘B’
Madrugón, é o que lles espera ás máis pequenas o sábado ao ter que saír en autobús ás 8:00 horas cara ao Municipal de O Pombal Pequeno, campo onde lles espera unhas rivais que están sétimas na táboa con 17 puntos. As de Javier Alonso, que cada semana descuentan o seu crecemento, malia non coñecer a vitoria nos últimos cinco partidos, pero como dixo o seu técnico “o obxectivo non é mirar a táboa, os goles nin a vitoria, as nenas teñen que formarse como futbolistas por encima dos resultados, xa que son o vivero que do club nos próximos 15 anos”.
O colexiado Miguel Carreira Lorenzo do comité pontevedrés será o encargado de dirixir o encontro.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content