Rosalía-Sárdoma: A seguir invictas como locais en 2022

O noso Cadete recibe na 14ª xornada a un equipo irregular nas últimas xornadas (16:00 h, Municipal de O Seixo).

Arrinca unha nova xornada para a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Cadete, que afronta o seu terceiro partido oficial como locais de 2022 fronte ao Sárdoma, correspondente á 14ª xornada da Liga Galega Cadete (16:00h, Municipal de O Seixo). O noso ‘filial’ buscará os tres puntos contra un equipo que vén de perder tres dos seus últimos cinco compromisos na Liga.

O conxunto de Sobrino quere continuar co bo comezo de ano como locais e intentará seguir coa dinámica dos tres último partidos como locais, tras empatar con Vitoria CF (0-0) e vencer a Caldas (1-0). Para iso, deberá mellorar o seu bo facer cara a porta en O Seixo, onde soamente marcou 9 ocasións. Outra clave para lograr o sexto triunfo da tempada será a concentración no apartado feminino ante o equipo máis goleador do grupo.

En canto á convocatoria de 16 xogadoras que mañá vestirán de azul, o técnico dará a alternativa a Lucía Varela, recente incorporación ao equipo. Tamén estará no Seixo Sara Bonjoch despois de varias semanas de ausencia.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Valeira.
Defensas: Sara Bonjoch, Noa Domínguez, Matilde, Lucía Pérez, Sofía, Silvia e Aroa.
Centrocampistas: Sara Rodríguez, Noa, Candela Bouzas, Lucía Caride, Aldarita, Lucía Varela e Lidia.
Dianteiras: Nerea.

Na previa, o técnico indicou que en fronte estará “un rival moi complicado, que na ida púxonolo moi difícil e estan loitando polas primeiras posicións. Mañá espérome un partido moi intenso, pero, aínda coa abundancia de baixas que temos, esperamos saír a competir o mellor posible, sempre coa intención de mellorar como equipo”.

Un poema e unha flor como homenaxe á poetisa que da nome ao club.

Sárdoma CF
O rival do Cadete, que marcha cuarto na competición, está asinando unha excelente tempada cun balance de oito triunfos, un empate e catro derrotas. As visitantes contan cun brillante rexistro ofensivo con 75 goles en 13 partidos, dos cales 28 foron como visitantes (4,7 por partido).

Do mesmo xeito que todas as súas compañeiras do club, con motivo da celebración do aniversario de nacemento de Rosalía de Castro, as xogadoras da convocatoria de Jorge Sobrino agasallarán as súas rivais cun poema e unha flor da poetisa galega.

O partido dará comezo co beneplácito do colexiado Zeus Gómez Míguez do comité técnico ourensano.

Check Also

Fin de semana da Liga Cadete

Vitoria do ‘Amarelo’ e derrota do ‘Azul’. Fin de semana de compromisos oficiais para os …

Skip to content