Decimoquinta xornada da Liga Promesas

Os dous equipos representantes da EFF Rosalía en Liga Promesas disputaron a 15ª xornada de competición no Municipal de Oira.

Os dous representantes no Grupo Sur da Liga Galega Promesas Feminina disputaron os seus partidos correspondentes á decimoquinta xornada na mañá do domingo no Municipal de Oira fronte ao Tomiño FCF e Umia CF.

EFF Rosalía-Tomiño FCF
As de María Feijóo recibían ao colista, Tomiño. Un partido, a priori, para liquidar sen problemas, pero os xeonllos demostraron o seu crecemento xogando un partido moi competitivo e bonito cara o espectador. O equipo saiu cun novo sistema e coa baixa de Iara, porteira titular, que tivo que ser sustituida por Sabela. A técnica decidiu decidimos sacar as xogadoras da súa posicion habitual para que se acostumen as diferentes posicións no terreo de xogo e saliu con boa nota o experimento, logrando unha vitoria que mantén ao equipo no 4º posto da taboa. “O final, o que resaltamos sempre é o avance que están tendo as nenas, levan dous partidos seguidos nunha forma espectacular e están demostrando que queren ir a máis”, indicou Feijóo ao remate.

Umia foi un rival moi superior físicamente ás nosas.

EFF Rosalía ‘B’-Umia CF
Moi complicado tíñano as nosas xogadoras máis benxaminas. Umia, terceiro na táboa clasificatoria, é un rival moi superior físicamente ás xogadoras que dirixe Javier Alonso. Malia iso, o equipo saída ao campo coa intención de demostrar o adestrado durante a semana. O equipo non se descolocou en ningún momento, destacando a boa adaptación das tres debutantes, Julia, Emma e Laura Rodríguez. Umia impúxose sen problemas, malia iso, o técnico mostrouse contento co equipo: “as nenas non baixaron os brazos en ningún momento e tamén destacaría a actitude das novas. Todas na liña de traballo que lles pedimos”.

Check Also

Fin de semana Liga Cadete

Vitoria do Cadete ‘Amarelo’ e derrota do Cadete ‘Azul’. Nova fin de semana con partidos …

Skip to content