Dobre visita dominical, a San Mateo e Valladares na categoría Promesas

Celebrouse unha nova xornada na Liga Galega Promesas e o noso Rosalía “A” segue con paso firme vencendo a tódolos rivais cos que se enfronta. Nesta ocasión visitaron ó San Mateo que debido as obras no seu campo, recibiunos na localidad cercana de Salvatierra. O partido foi dominado de principio ó fin polas nosas xogadoras que despregaron un gran xogo e un gran comportamento o que lle fixo gañarse o respeto do club rival, así como destacou a sua adestradora nas suas redes sociais o domingo pola noite.

O promesas “B” de Juanma desprazouse a Valladares, rival moi duro que ocupa a segunda praza na clasificación e que sabíamos que sería complicado para as peques. O final da primeira parte un apretado marcador a favor das locais e inda que o resultado final foi contundente, o traballo das peques foi perfecto e a actitude de traballo e loita como equipo foi intachable.

Estamos moi orgullosos de vos peques!!!

Check Also

A nova categoría xa ten plan competicional

Os equipos da Escola de Fútbol Feminino Rosalía xa coñecen o seu primeiro rival, así …

Skip to content