Previa dun domingo especial para demostrar que o fútbol feminino en Ourense está moi vivo

A mañá do domingo no Monte da Aira de Velle vivirase a xornada máis feminina da historia do fútbol provincial. Ás 10:30 dará comezo o primeiro derbi entre dous equipos de base femininos xogado nunha competición oficial e íntegramente feminina, un feito que a mediados de agosto ca desaparición da UD Ourense Feminina por unha suposta falta de xogadoras parecía imposible

Máis aló  do deportivo, dende o clube pretendemos que este derbi sexa unha festa e con tal motivo os pais e nais das xogadoras do clube elaborarán doces e postres caseiros para que todos os presentes poidan degustalos.

Para o partido confirmaron asistencia diferentes cargos da Deputación Provincial e do Concello que queren presenciar de primeira man o traballo que o noso clube e as 54 familias implicadas están a desenrolar polo fútbol feminino na nosa provincia.

Asimesmo ás 12 do mediodía o equipo senior da EFF Rosalía enfrontarase o Balaidos CF un equipo a alza que si ben comezou con malos resultados, nos últimos partidos está subindo como a espuma o seu rendemento e gañando en dificilísimos campos como o do Atlántida Matamá. Unha dura proba para noso equipo que ten problemas en diferentes posicións por lesións de xogadoras importantes coma Zaira e Sabela Meno.

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content