Isis Sanmartín en Sportur

Na feira do deporte Sportur 2018 que ven de celebrarse o pasado fin de semana no recinto ferial de Expourense, a delegación ourensá da Real Federación Galega de Fútbol organizou unha mesa redonda para falar dos avances do fútbol e fútbol sala feminino na nosa comunidade nos últimos tempos.

En ela estaban representados os entrenadores dos dous clubes máis representativos do fútbol sala feminino ourensá, a árbitra ourensá da Liga Iberdrola Zulema González e a nosa xogadora do primeiro equipo e monitora Isis Sanmartín.

Unha amena charla na que Isis Sanmartín deixou moi claros os fines e obxectivos da nosa escola e que nos parece unha interesante iniciativa para poder darlle visualización o traballo que realizan todos os integrantes do noso clube día a día para representar con dignidade a parcela do fútbol feminino ourensá por toda Galicia.

 

Check Also

Un ano mais colaboramos con Operación Quilo

A campaña alcanza os 37 anos de actividade e pódese doar roupa, xoguetes e comida …

Skip to content