As azuis chegan en racha negativa e buscan rematar o ano cunha vitoria (domingo, 16:00h, Monte da Aira).
O Monte da Aira acollerá o derradeiro partido da EFF Rosalía no mes de decembro, en na Liga en 2019. O conxunto dirixido por Canal, que atravesa un mal momento, recibe ao Marín CF (16:00 h, domingo, Monte da Aira) no encontro correspondente á décimo quinta xornada de Liga. As azuis, que só perderon dous partidos Monte da Aira esta tempada, buscan romper unha serie de tres partidos consecutivos perdendo.
Despois de impoñerse ao Puentearnelas na xornada 11, a EFF Rosalía intentará voltar a senda da vitoria en Liga. De conseguilo, sería a mellor forma de rematar o ano para as xoves xogadoras ourensáns. Ademais, o prognóstico como locais e moi positivo, as marinenses só levan unha vitoria a domicilio esta tempada.
Canal perde a Zaira, máxima goleadora do equipo, por lesión pero recupera a Noui, que a segue na táboa de goleadoras do club. Para este encontro o técnico convoca a 16 xogadoras.
Convocatoria
Porteira: Rocío.
Defensas: Sequeiros, Isis, Feijóo, Andrea, Noa Domínguez.
Centrocampistas: Alba, Aldarita, Noa Fírvida, Sabela, Yadira, Saray, Ainara y Patricia.
Dianteiras: Noui y Aitana.
O rival
Marín CF está situado no posto 13º con 7 puntos e un balance de 2 victorias, 1 empate e 10 derrotas. A domicilio gañou un partido e perdeu cinco, mentres a semana pasada lograba a victoria por 2-1 fronte o Mosteiro.
Precedentes
Esta será a primeira ocasión na que se enfrenten a EFF Rosalía e Marín CF.
Día solidario
O partido formará parte da campaña solidaria organizada pola Asociación Amencer, “Operación Quilo 2019 – Por un Nadal coma na casa”. Todos os asistentes están invitados a colaborar coa donación dun quilo (ou máis) de productos non perecedeiros, tipo conservas, aceite, alimentos infantís, legumes…
Haberá para tal efecto un lugar de recollida das instalacións do Monte da Aira.
Resto da xornada
No resto da xornada destaca o Pereiró – Gondomar FB, enfréntanse 3º e 5º clasificado, a victoria das viguesas as colocaría segundas ao descansar o Bueu. Balaidos visita un equipo que está indo a máis, SpC San Mateo non coñece a derrota dende a xornada 8ª e sempre é un rival perigoso no seu campo.
Todos os partidos serán en xornada de domingo:
12:00 CD Mosteiro – Racing de Vilariño
12:00 SD Chispa – SD Noalla
16:00 SpC San Mateo – Balaidos CF
16:00 EFF Rosalía – Marín CF
17:00 SCD Ponte Caldelas – Umia CF “B”
17:00 Juventud de Cambados – SD Puentearnelas
19:30 EDVM Pereiro CF – Gondomar FB
Descansa CD Bueu