“Sería bo puntuar para ir a nadal cunha vitoria e poder quedar quintas na clasificación se o Gondomar non gaña en Vigo”, puntualizou o técnico.
Iván Canal analizou na previa o partido que enfrontará a EFF Rosalía e o Marín CF na décimo quinta xornada de Liga (domingo, 16:00 horas, Monte da Aira): “O Marín é un equipo que foi de menos a máis. Como xa dixen non me fío de ningún rival, ninguén nos vai a regalar nada. Temos que saír como facemos sempre, tentando xogar ao fútbol, competir e tentar non cometer erros. Esperemos levarnos os tres puntos”.
“Sería bo puntuar para ir a nadal cunha vitoria e poder quedar quintas na clasificación se o Gondomar non gaña en Vigo”.
Estado anímico despois de 3 derrotas
“Eu véxoas algo amoladas interiormente, porque non o mostran de maneira externa, pero sei que están doídas por dentro por estas últimas derrotas. Eu xa lles dixen que había que seguir na liña marcada, ás veces hai fochancas e teñen que ter paciencia. Somos un equipo con mozas moi novas”.
Zaira e Noui
“Zaira non poderá xogar e non queremos forzala. A saúde das xogadoras é máis importante que calquera resultado. Confiamos 100% en todas as xogadoras do plantel e confiamos en que Noui fágao ben no seu regreso”.
Ausencia de Canal
“O domingo non estarei pero está Juanma. O equipo non notará a miña falta, porque Juanma é igual que eu, eu non son máis que él. Confío 100% nel e no seu traballo, no seu saber estar e como trata ás mozas. Foi un acerto contar con Juanma para esta tempada, foi a mellor elección, moito máis que a miña. Só teño palabras boas cara él”.
Día solidario
“Esperemos levarnos os tres puntos o domingo que xunto á participación e iniciativa da Operación Quilo axudará para irnos de vacacións con bo sabor de boca”.