O EDVM Pereiró será o rival ante o que inauguraremos a competición de Liga na nosa segunda andaina na competición oficial que organiza a Real Federación Galega de Fútbol.
O partido está fixado no calendario para o oito de setembro, segundo domingo de mes, no Monte da Aira, para xogar na segunda xornada en Ponteareas ante o Sp.San Mateo e recibir a SD Chispa de Vilagarcía de Arousa en partido axendado, en principio, para o 22 de mes.
O grupo está conformado, ademáis do noso equipo, con outros quince conxuntos pontevedreses ao incluir a última hora a Federación Galega ao Marín CF rival perante o que o noso senior dirixido por Iván Canal disputará o último partido da primeira volta, en casa e tamén o de fin de Liga o dez de maio do próximo ano.
O noso adestrador Iván Canal considera que o inicio do torneo, con tres duros rivais e candidatos as primeiras posicións do grupo “marcarán o noso nivel competitivo. Ainda temos un par de semanas por diante para ultimar diferentes aspectos tácticos e mellorar físicamente para afrontar con garantías o arranque de Liga.” O técnico entende que se trata dun grupo “exixente tendo en conta que somos un plantel moi novo pero estou convencido que nos asentaremos na categoria”.
Dende o clube consideramos que se trata dun grupo especialmente duro con rivais de moita entidade entre os que se atopan o campión do grupo terceiro do pasado ano cunha soa derrota e o subcampión do grupo cuarto.
Esta será a nosa segunda campaña na competición na que procuramos consolidarnos ao tempo que somos ambiciosos e sen rencunciar a nada. Ademáis as fichaxes realizan contribúen a darlle o noso bloque de xogadoras un plus de competitividade. A medida que avance a Liga o equipo rendirá a un nivel alto, o que exixe esta competición.
A Liga consta de 30 xornadas. A primeira volta rematará o quince de decembro e haberá, entón, un mes de descanso coincidindo coas festas de Nadal. A Liga reamtará o vindeiro dez de maio. Os dous primeiros clasificados do grupo disputarán a fase de ascenso a primeira división.
CALENDARIO DA LIGA 2019/20 DA ESCUELA DE FÚTBOL FEMENINO ROSALÍA
1ª VOLTA PARTIDO
J.1
8 septembro E.F.F. Rosalía – E.D.V.M. Pereiró
J.2
15 septembro Sp.C. San Mateo – E.F.F. Rosalía
J.3
22 septembro E.F.F. Rosalía – S.D. Chispa
J.4
29 septembro Juventud Cambados – E.F.F. Rosalía
J.5
6 outubro E.F.F. Rosalía – C.D. Bueu
J.6
13 outubro S.C.D. Ponte Caldelas – E.F.F. Rosalía
J.7
20 outubro E.F.F. Rosalía – C.D. Mosteiro
J.8
27 outubro Racing de Vilariño – E.F.F. Rosalía
J.9
3 novembro E.F.F. Rosalía – Umia C.F. “B”
J.10
10 novembro S.D. Juvenil Ponteareas – E.F.F. Rosalía
J.11
17 novembro E.F.F. Rosalía – S.D. Puentearnelas
J.12
24 novembro S.D. Noalla – E.F.F. Rosalía
J.13
1 decembro E.F.F. Rosalía – Balaidos C.F.
J.14
8 decembro Gondomar F.B. – E.F.F. Rosalía
J.15
15 decembro E.F.F. Rosalía – Marín C.F.