Empate agridoce do Infantil en O Seixo

O equipo de Diego Castro non puido despedir o ano cunha vitoria fronte ao seu inmediato rival polo cuarto posto.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía enfrontábase ao Atlético Arousana nun escenario especial como é o municipal de O Seixo. Un encontro dominado ofensivamente polas pontinas que non conseguiron superar Uxía durante os 80 minutos. As arousanas conseguiron o empate cunha sólida porteira.

As azuis saíron en busca dos tres puntos tan necesarios e así o fixeron ver sobre todo no primeiro tempo. Intentábano Antía, Irene e Lucía Pérez con disparos desde dentro do área nas tres primeiras ocasións do partido, en especial a de Antía ao pau no minuto 13. O gol estaba por chegar e foi cando apareceu a porteira visitante. Tras un saque de banda de Currás, Victoria supera a defensa de Xiana Padín e o seu disparo demasiado centrado deteno Uxía. Minuto 30, contragolpe local de Zaira e Victoria, Uxía volve a blocar o tiro da dianteira. Antes do descanso, boa asistencia de Nair, o balón caíalle a Antía nun man a man, pero o seu control longo despéxano as centrais. Con táboas no marcador as pontinas marchábanse aos vestiarios.

Antía tivo a ocasión máis clara da segunda metade nun man a man con Uxía.

O segundo tempo arrincou cun Rosalía menos contundente. O primeiro disparo despexouno Uxía cunha parada a dobre man a un centro-chut de Antía. A resposta visitante foi instantánea. Elena aproveita un barullo no área para rematar a porta baleira, o seu tiro sálvao Lucía Novoa na liña. Avanzaban os minutos e o Infantil intentábao pero o balón non quería entrar. Coas azuis xerando perigo en área rival novamente fallou o acerto cara portería. Antía, nun novo man a man, remata fóra o intento de vaselina e noutro remate de Victoria en área grande é despexado nunha gran intervención por Uxía. Arousana aproveitou para facer dano ás azuis en contragolpes e case o consegue co tempo case cumprido. Silvia e Elena arman o ataque, Carballo falla no despexe e o tiro de Elena sae pegado ao poste. Co susto no corpo, o partido finalizou cun empate a cero que soubo a pouco.

“Voume super orgulloso da nenas e así llo dixen no vestuario. Fixemos todo para gañar o partido e a pelota non quixo entrar. Na segunda parte, nosa superioridade foi abafadora, pero non materializamos as nosas chegadas”, engadiu Diego Castro ao termino do partido á web do club.

Con reparto de puntos, o Infantil remata o ano na quinta posición con 10 puntos, un menos que Arousana e Umia e tres menos co segundo clasificado, Lóstrego CF.

Check Also

Derrota do Infantil ante un superior Mos

As azuis non puideron puntuar no Municipal de Oira ante o líder da categoría. A …

Skip to content