O Promesas ‘B’ mereceu máis no derbi ourensán

As de Javier foron superiores ao Promesas ‘A’ na primeira metade, pero os seus rivais do ‘A’ remontaron nos segundos 25 minutos.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Promesas ‘A’ gañou no primeiro derbi ourensán de fútbol feminino da tempada. O equipo dirixido por Javier Alonso mereceu máis no Municipal de O Seixo fronte aos seus rivais na novena xornada da Liga Galega Promesas no partido adiado o pasado decembro. Cada equipo dominou unha parte, pero a veteranía das xogadoras do ‘A’ decantou a balanza ao seu favor nos segundos vinte e cinco minutos.

O encontro en O Seixo arrincou con bo ritmo por parte dos dous equipos. Avisou primeiro o Promesas ‘B’ adiantándose no marcador aproveitando as imprecisiones no pase das suas rivais. Paula apenas tivo traballo nos primeiros minutos, aínda que salvou o gol do empate antes de terminar a primeira metade. A volta de vestuarios, o dominio pasou a ser das súas compañeiras do Promesas ‘A’, que conseguiron darlle a volta ao marcador e lograr a cuarta vitoria consecutiva. Tres puntos que as aúpan ao terceiro posto, empatadas a puntos con Umia (4º) e Atlético Arousana (2º), o seu rival esta próxima xornada no Municipal de Oira.

Check Also

A nova categoría xa ten plan competicional

Os equipos da Escola de Fútbol Feminino Rosalía xa coñecen o seu primeiro rival, así …

Skip to content