Rosalía, co COB no último partido do ano no Pazo

Unha ampla representación do club asistiu invitado ao último partido do ano do Hereda Club Ourense Baloncesto no Pazo de Deportes Paco Paz.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía acudiu ao partido de LEB Prata entre o Hereda Club Ourense Baloncesto e CB Marbella que se celebrou no Pazo dos Deportes Paco Paz. Unha ampla representación do club, máis de 70 xogadoras, adestradores e directivos foron invitados polo club máis representativo da provincia de Ourense con motivo do seu último partido do ano en casa. Unha xornada distinta para nosas xogadoras, que deixaron de lado os adestramentos e o balón de fútbol, para gozar dunha xornada e un deporte diferentes ao que están habituadas. 

Nathan, Chapero e o ‘Lobo’ fixeron de anfitrións ás capitanas do Senior Rocío e Aldarita.

Ademais de quedarse co bo sabor de boca de ver aos xogadores de Armando Gómez levarse a vitoria, tamén recibiron por parte do club unha camiseta dedicada por parte de todos os xogadores nos prolegómenos do comezo do partido. Lionel Nathan e Tomás Chapero foron os encargados de realizar o intercambio de camisetas coas capitanas do equipo senior, Aldarita e Rocío.

Rosalía foi unha ‘peña’ cobista mais durante o partido de onte.

Check Also

Un ano mais colaboramos con Operación Quilo

A campaña alcanza os 37 anos de actividade e pódese doar roupa, xoguetes e comida …

Skip to content