Rosalía-Orzán: final da Liga infantil

As de Alba xogan no Campo de fútbol de Campaña a final que decidirá ao primeiro campión da Liga Galega Infantil (11:15 h, sábado).

Partidazo na gran final. A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía busca converterse na primeira campioa desta competición, a Liga Galega Infantil feminina. Enfróntase ao Orzán, o mellor equipo da competición, na que será a primeira final da historia, ao non poder disputarse a tempada pasada polas restricciones sanitarios por motivo do covid19.

Mañá, as de Alba intentarán dar a sorpresa ante o favorito a alzarse co título. O precedente entre ambos equipos non é moi positivo para as pontinas. A tempada pasada enfrontáronse ambos equipos en Liga con vitoria do Orzan por 3-1 en Abegondo. “Cada ano os equipos cambian, as nenas pasan de ano e as diferenzas son moi notables. Non podemos guiarnos dos encontros pasados e partir de cero contra un equipo que nos poñerá as cousas moi difíciles e moitísimo nivel”, declarou a adestradora.

Ambos equipos chegan ao encontro con balances distintos. Mentres Orzán non coñece a derrota esta tempada (9 vitorias), as azuis presentan 6 vitorias, 1 empate e 2 derrotas. Números que asustan, ainda que Alba mostrase optimista “Este ano non puiden ver ningún partido do Orzán pero, como sempre, terán un equipo moi competitivo. Os números o avalan sen dúbida. Nunha final creo que é complicado falar de favoritos xa que nos xogamos todo en 90 minutos”.

A técnica conta soamente coa dúvida de Candela Bouzas, ainda recuperándose da lesión que sufriu nun adestramento de preparación das semifinais fronte o Victoria CF. A pesar do contratempo, Alba sente que suas xogadoras están motivadas “As nenas teñen moitas ganas de xogar. As finais non necesitan máis motivación que xogalas. Creo que se merecen competir este partido e facer un bo papel. Sería un bonito final para esta tempada e gozar deste partido xuntas”.

En declaracións aos medios do club, Alba teno claro: “Estar na final é un premio para esta tempada tan atípica, onde as nenas esforzáronse para facer unha boa campaña e intentaremos conseguir o premio maior”.

Check Also

Derrota do Infantil ante un superior Mos

As azuis non puideron puntuar no Municipal de Oira ante o líder da categoría. A …

Skip to content