Iker Gabeiras será o adestrador de porteiras do club

O técnico, membro da Escola de Porteiros Ángel e Pato, será o adestrador de todas as porteiras do club.

Gabeiras, natural de Ourense de 18 anos, leva como adestrador de porteiros desde 2021. Como futbolista militou 10 tempadas nas categorías inferiores do Barbadás.

Adestrador porteiras
Iker Gabeiras xa se fixo cargo dos adestramentos de porteiras da Escola de Fútbol Feminina Rosalía en setembro da presente tempada a partir da colaboración que mantén a nosa escola de fútbol e a Escola de Porteiros Angel & Pato.

Nese convenio de colaboración, ademáis da incorporación de Iker Gabeiras á rutina diaria do noso clube, unha vez á semana, concretamente os martes pola tarde en Barbadás, as nosas porteiras acuden ás sesións específicas de Angel & Pato e reciben a ropa oficial da escola de porteiros.

Vídeo: Gabeiras xa traballa coas porteiras do club.

O novo técnico destacou na sua presentación que “axudar ás porteiras na súa formación como futbolistas é toda unha honra, pero o principal obxectivo sempre será que elas estean cómodas, contentas e gocen de cada adestramento. Esa é a prioridade”.

O noso presidente Mario Gómez valorou a incorporación de Iker nos seguintes termos: “a portería é un posto específico que require dun adestramento específico. Tendo en Ourense unha escola de porteiros deste calibre, para nós como directiva sería unha auténtica irresponsabilidade non chegar a un acordo con eles para que se fagan cargo do progreso das nosas porteiras. Esta colaboración retomámola da época precovid, pero agora dámoslle unha volta de torca sumando a Iker á rutina de adestramentos e tendo un contacto cos nosos adestradores e director deportivo. Estamos seguros de que esta experiencia vai beneficiar moito tanto ás nosas porteiras como a Iker no seu futuro”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content