Fara Antolín firma o gol 250 da EFF Rosalía Sénior

As pontinas marcaron ata a data 291 goles.

Fara Antolín Pérez, co seu gol número 13 da tempada ante o Porriño Industrial, pasou á historia do club pontino pola obtención do gol 250 da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía en categoría sénior, tomando a imaxinaria testemuña anotadora da dianteira ourensá, Noa Fernández ‘Noui‘, que logrou o gol 100 e 200 das azuis en Liga. A elas precedéronlle, Andrea Pardo, que anotou o gol 1 ao SD Juvenil de Ponteareas; Sabela (50) e Zaira (150).

Dos 104 marcados pola Escuela de Fútbol Femenina Rosalía esta campaña, 99 tantos foron na tempada regular e os restantes nas eliminatorias polo ascenso a 1ª autonómica. O Gondomar Fútbol Base é o rival ao que máis goles fixo, un total de 23 dianas, seguido do Porriño Ind. (19) e Balaidos (14). Como local o balance é de 54 goles a favor por 49 a domicilio nos 22 encontros disputados esta campaña.

A mediapunta recibiu o cadro conmemorativo durante a cea de fin de tempada.

A xoven centrocampista recibiu de mans do club o cadro conmemorativo durante a cea de despedida da tempada. O motivo de esperar ata ese momento, os compromisos da mediapunta coa selección galega sub-17 e causar baixa nos compromisos no Municipal de Oira. Malia non poder recibir o merecido aplauso da afección ‘azul’, Fara estivo arroupada por todas as súas compañeiras esta tempada.

Check Also

Un ano mais colaboramos con Operación Quilo

A campaña alcanza os 37 anos de actividade e pódese doar roupa, xoguetes e comida …

Skip to content