Fin á etapa de Isabel Rejo

A EFF Rosalía e a xogadora do equipo senior Isabel Rejo chegaron a un acordo para a non renovación do seu contrato ata o 30 de xuño de 2021.

Desta maneira, Isabel (Xunqueira de Ambía, 1995), que chegou ao club hai un ano sen ningunha experiencia no fútbol, pon fin á súa etapa como xogadora azul.

A dianteira non seguirá a próxima tempada na disciplina do primeiro equipo feminino tras acordar coa dirección deportiva da EFF Rosalía a súa vinculación unha vez finalizado o contrato da xunqueirá. Unha desvinculación motivada polo traslado de provincia por motivos laborais da dianteira e a incompatibilidade de seguir no club.

Isabel despediuse marcando no seu derradeiro partido, fronte o Ponte Caldelas.

Isabel, que esta pasada campaña comezaba a súa primeira experiencia como futbolista con licenza federativa non tivo moita sorte coas lesións, o que motivou que que tan só estivese presente no céspede en catro partidos, pero cunha boa bagaxe cara a portería rival, xa que conseguiu dous goles. O primeiro deles na visita ao Juventud de Cambados, remontando o 2-0 inicial das locais e o segundo no último partido que disputou de competición (xornada 21, minuto 79) fronte á SCD Ponte Caldelas no Monte da Aira.

A EFF Rosalía quere agradecer a Isabel Rejo a súa implicación, esforzo, determinación, compromiso e sacrificio e deséxalle sorte tanto no seu futuro persoal como profesional.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content