Aprazado o inicio da pretempada do equipo senior

Hoxe, 17 de agosto, era a data definida polo corpo técnico para o inicio dos adestramentos do plantel da EFF Rosalía senior, contando ca data de principios do mes de outubro para comezar a competición. A decisión de Miguel Saa e Jonny Otero estaba basada en que esta pretempada debería ser máis longa do normal debido o excesivo tempo de inactividade das nosas futbolistas.

O aprazamento ten como motivo que o protocolo da Xunta de Galicia a día de hoxe inda non permite a práctica de exercicios de contacto físico e tan só permite adestramentos individuais, motivo polo que o inicio dos adestramentos quedan aprazados ata a publicación do novo protocolo para deportes de contacto por parte das autoridades competentes o cal espérase para finais do presente mes ou principios do mes de setembro.

As nosas xogadoras continuarán así realizando pola súa conta os adestramentos individuais indicados polo preparador físico ata que dende o departamento deportivo do club se definan as novas fechas de volta ao traballo do equipo.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content