Fin de semana canteira na Liga Promesas

Boas sensacións, malos resultados, definición da primeira xornada das nosas representantes en Liga Promesas

O Promesas “A” caeu ante o Umia CF, mentres que o Promesas “B” tampouco puido sumar puntos ante a UD Mos en o Municipal de Oira (Ponte Canedo). Malia non empezar con bo pe a competición, as sensacións que mostraron no campo as xogadoras de ambos equipos resaltan o positivo da xornada.

Promesas “A” vs Umia CF
Despois do partido das súas compañeiras do Promesas “B”, tocou a quenda para as “maiores”. Equipo con moitas novidades, para a metade do persoal será a súa primeira tempada en competición oficial. O rival, unha das mellores canteiras da zona sur de Galicia que sempre presenta equipos competitivos, algo que demostraron na matinal do domingo no Municipal de Oira. O partido estivo igualado no seu maior parte, sobre todo unha vez que as pupilas de María Feijóo deixaron atrás os nervios do debut e igualaron forzas ante as vermellas, pero unha xogada puntual nos minutos finais decantó o partido ao lado visitante.

A técnico do equipo “A” rematou moi contento co visto sobre o terreo de xogo: “Partido con moi boa nota para as xogadoras a pesar do resultado. Estamos ainda sen adestrar a parte táctica xa que nos centramos noutros aspectos que creemos que son mais importantes como a cordinación. Estaban nerviosas por ser o primeiro partido de Liga e na casa e creo que iso tamen nos xogou unha mala pasada. Non estamos centradas nos resultados senón na evolución individual de cada xogadora, algo que están mellorando a pasos axigantados”.

Promesas “B” vs UD Mos
O equipo dirixido por Javier Alonso foi o primeiro en estrear a competición no campo de Fútbol 8 do Municipal de Oira, instalación onde xogasen este ano os seus partidos de Liga. Empezou o partido cunha gran presión rival o que afogou a saída de balón das azuis, que non lograban pasar de medio campo. Dita presión provocou varias chegadas á portería defendida por Paula, que foron aproveitadas polas moenses para distanciarse no marcador. Non se amilanaron as pontinas, que souberon como desfacerse da presión rival e o partido igualouse ata o medio tempo. Na segunda metade o partido igualuse pero a superioridade física das amarelas decantaron o resultado cara o equipo visitante.

“Pese ao resultado saímos contentos do partido realizado”

Javier Alonso, adestrador EFF Rosalía “B”

A pesar do resultado final o equipo sempre deu a cara, tal como reseñaba Javier ao remate do mesmo: “para ser o primeiro partido oficial e ante un gran rival como a UD Mos, executaron as indicacións que lles demos nun principio. Pese ao resultado saímos tanto corpo técnico como xogadoras contentos co partido realizado”.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content