O “filial” afronta a segunda xornada da Liga Galega Cadete Feminina (19:15 h, sábado).
Pasaron mais de catro meses desde o último encontro de Liga da EFF Rosalía no Monte da Aira. Esta tarde o “filial” volve reencontrarse co campo de Velle para enfrontarse á SD Orzán (19:15 h), correspondente á segunda xornada da Liga Galega Cadete Feminina.
O equipo dirixido por Sobrino, con 16 xogadoras na convocatoria, buscará sumar a primeira vitoria na competición. O noso equipo callou un bo partido no seu debut na nova competición fronte ao Victoria CF a pasada semana. Pola súa banda, a SD Orzán comezou con bo pié o seu andadura na Liga Cadete tras vencer en casa contra o Umia (2-0).
A visita das coruñesas marca un inicio costa arriba para as azuis, ao medirse sucesivamente con dous dos rivais que están en todas as quinielas para levarse o título a final de tempada. Rival, que segundo palabras de Jorge Sobrino na previa, mellor atopalo nas primeiras xornadas: “Eu creo que si, que e mellor comezar cos equipos que a priori son favoritos para ver o noso verdadeiro nivel despois da pretemporada. Ademais pase o que pase no partido, temos marxen de mellore ata ou final de tempada”. Pola parte das súas xogadoras, o técnico móstrase claro “O equipo está tranquilo e con gañas, vimos de facer un gran partido fronte ao Victoria de Coruña e esperamos seguir con esas boas sensacións”.
Esta tarde as azuis presentan varias baixas, tal e como comentou á nosa web o técnico “Temos bastantes baixas para esta xornada, separadamente de Valeria que leva varias semanas de baixa, sumanse Lucía Caride e Sara Bonjoch, Daniela por lesión e Oswa por trámites da sua ficha”.
Laura Añón
“Non creo que poda afectarlle o xogar algún partido no senior e no cadete. Aparte de que Laura e un portento físico, habendo comunicación con Miguel sempre se van racionar os minutos de xogo”
Obxectivo
“O que buscamos é que o equipo siga nunha liña ascendente, volver a competirlle ou partido a un moi bo rival e tratar de sacar ou máximo posible”
Para esta tarde, o técnico molgués citou a 16 xogadoras para facer a súa estreo no Monte da Aira na segunda xornada de competición.
CONVOCATORIA ESCUELA DE FÚTBOL FEMENINA ROSALÍA CADETE
Porteira: Rocío.
Defensas: Lucía Pérez, Laura Añón, Noa Domínguez, Matilde, Aroa, Sofía e Silvia.
Centrocampistas: Cuquejo, Candela Bouzas, Sara Rodríguez, Ester e Aldarita.
Dianteiras: Claudia, Nerea e Cloe.