Finaliza a primeira semana de pretempada

As rosalias pechan unha dura semana de traballo con boas sensacións no Monte da Aira tras o parón vacacional.

O primeiro equipo finalizou o venres a súa primeira semana de adestramentos no Monte da Aira tras o parón vacacional. As dirixidas por Miguel Saa pecharon así unha esixente semana na que se exercitaron nas instalacións de Velle en solitario e a porta pechada. As sesións de traballo comezaron o pasado mércores, 2 de setembro ás 20:00 horas. As azuis completaron tres sesións sobre o céspede e todos os días comezaron realizando traballo de forza no ximnasio. Unha das notas positivas é que a pesar das molestias e a dureza propia da pretemporada, ningunha xogadora pasou pola enfermería onde segue recuperándose Feijóo que evoluciona de maneira moi positiva.

Saa chamou a filas a varias xogadoras do infantil para adherirse aos adestramentos; como é o caso de Sara Rodríguez, Xiana Cuquejo, Valeria Moral e Laura Añón que xa estiveron algunha delas ás ordes de Iván Canal nalgunha sesión do pasado ano.

As sesións dividíronse en tres partes, condicionamento xeral, core e tarefas físico-técnicas, prestando especial atención á elasticidade. Todo dividido en dous grupos de dez xogadoras mantendo en todo momento a distancia entre elas, como ditan os protocolos da Consellería de Sanidade da Xunta.

O equipo traballou en dous grupos con Saa e Otero.

O equipo descansa a fin de semana para retomar a actividade mañá luns en sesión matinal novamente las instalacións do Monte da Aira de Velle a partir das 9:30 horas.

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content