A EFF Rosalía completa o primeiro adestramento da tempada 2020/21

Saa contou con 23 xogadoras nunha sesión marcada polas estrictas medidas de seguridade polo covid19.

O equipo senior levou a cabo no Monte da Aira o primeiro adestramento da tempada 2020/21. O traballo físico dominou a sesión dirixida por Miguel Saa no céspede de Velle. O equipo exercitouse baixo as estritas normas sanitarias debido á pandemia do COVID-19. A sesión, de preto de dúas horas a porta pechada, comezou con series de quencemento e un test de rendemento aeróbico individual sen balón. Posteriormente, as xogadoras alternaron series de ejercicios técnico-físicos con balón.

Jonny fixo sufrir ás xogadoras no primeiro adestramento.

Non estiveron na sesión as xogadoras Ester Méndez e Claudia Castro, mentres que María Feijóo tivo que facer traballo a parte por non estar recuperada aínda da lesión que arrastra no nocello desde a pasada campaña.

Ao remate da sesión, Miguel Saa atendeu á web do club para valorar o primeiro adestramento: “Fisicamente esperábamas mellor o que demostra que estiveron moito tempo paradas, ainda que me sorprenderon para ben en canto a homoxeneidade e pés”.

“Si, algo máis complexo é, xa que evitas todas as tarefas de contacto, que ao final é un aspecto básico do fútbol, pero pódese traballar acondicionado xeneral, técnica, e táctica sen problema”, comentou sobre o protocolo de adestramento.

A semana rematará con duas sesión máis hoce aoves e venres.

Check Also

Rosalía-Boiro: A fase de ascenso en xogo

As de Tamayo mídense ao segundo clasificado co obxectivo de acurtar a súa vantaxe de …

Skip to content