Saa analiza a primeira semana de adestramentos

O adestrador da EFF Rosalía senior deu súas primeiras impresións despois da primeira semana de traballo.

Miguel Saa non dubidou en atender aos medios do club á finalización do último adestramento da primeira semana de traballo ao cargo da Escola de Fútbol Femenino Rosalía: “O traballo nestas sesións foi diferente pero pouco a pouco penso que temos tempo de poñernos todas a ton”, comentou o adestrador.

Primeiras sesións de traballo.
“Estamos facendo un pouco de traballo de acondicionamento xeral porque veñen dun período bastante longo de inactividade, vese que nos topamos con distintos estados de forma dunhas a outras”.

Longa inactividade.
“Nótase os meses de inactividade e non soamente no aspecto físico senón tamén en aspectos futbolísticos. Elas mesmas nótanse que non lle saen coa mesma fluidez as cousas como antes e en tres días xa vimos momentos de frustración pero teñen que ter paciencia porque foron moitos meses paradas e é normal”.

Novo protocolo de adestramentos.
“Mais que a hora de traballar, o que se fai raro e pesado é a planificación porque cando estás diante do folio parece que todo é dunha forma e despois acá velo diferente e intentar cumprir tantas premisas de actuación complícase un pouco pero tíñamos moitas gañas de comezar e da igual iso”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content