As azuis chegan en xeira negativa e buscan darlle a volta os derradeiros resultados (19:00h, domingo, As Cercas)
O Campo de As Cercas de Gondomar acollerá o primeiro partido da EFF Rosalía a domicilio no mes de decembro, o penúltimo en Liga do 2019. O conxunto dirixido por Canal, que atravesa un dos peores momentos da tempada, visita ao Gondomar Fútbol Base (19:00h, domingo) no encontro correspondente á décimo cuarta xornada de Liga. As azuis, que levan dúas derrotas consecutivas, buscan cambiar esta xeira negativa de resultados.
Despois de caer ante Noalla e Balaidos, A EFF Rosalía intentará lograr os tres puntos a domicilio. De conseguilo, sería seguir na loita polos primeiros postos da táboa. Ademais, os precedentes nas Cercas son positivos, onde as azuis sacaron un empate a tempada. O obxectivo é seguir pelexando polos postos de arriba, onde Pereiró xa está a 5 puntos sendo o que precede á EFF Rosalía na táboa. Canal é consciente da importancia de non deixar escapar puntos a estas alturas da tempada e así o explicou na rolda de prensa previa ao encontro: “Nos puxemos un obxectivo de resultados que era quedar quintas ata o Nadal, entón para quedar quintas temos que gaña estes dous partidos, senón gañamos en Gondomar xa non vamos a quedar quintas”.
Para este partido o técnico ourensán citou a 15 futbolistas:
Convocatoria
Porteira: Rocío.
Defensas: Sequeiros, Andrea, Feijóo e Noa Domínguez.
Centrocampistas: Alba, Aldarita, Ainara, Patricia, Yadira, Fírvida e Sabela.
Dianteiras: Aitana, Zaira e Isabel.
O rival
Gondomar FB, con 7 victorias, un empate e 4 derrotas está colocado no séptimo posto da clasificación a un punto da EFF Rosalía. Xunto con Chispa e Pereiró é un dos únicos equipos que ainda non caeu derrotado no ser campo. O balance goleador é de 27 goles a favor e 20 en contra. Nas Cercas empatou o primeiro partido co Juventud de Cambados, a partires dese momento todo victorias, 1-0 contra Vilariño, 5-0 Pontecaldelas, 5-1 Noalla e 2-1 fronte o San Mateo.
Precedentes
Foron duas as ocasións nas que se enfrontaron Gondomar FB e EFF Rosalía, cun saldo de victoria das azuis no Monte da Aira por 5-0 e empate 4-4 en As Cercas.
Resto da xornada
No resto da xornada destacan varios partidos, Balaidos e Pereiró xogan no Federativo de Coya (3º e 4º clasificados), Umia “B” e Bueu xogan en A Bouza nun partido a priori igualado e Noalla-San Mateo, empatados a puntos se enfrentan no sempre complicado campo de A Lanzada. Na parte baixa, Marin e Mosteiro intentarán seguir sumando os seus primeiros puntos.
Todos os partidos serán en xornada de domingo:
12:00 SD Noalla – SpC San Mateo
17:00 Marin CF – CD Mosteiro
17:00 SD Puentearnelas – SD Chispa
17:00 Umia CF “B” – CD Bueu
18:00 Balaidos CF – EDVM Pereiró CF
19:00 Racing de Vilariño – SCD Ponte Caldelas
19:00 Gondomar FB – EFF Rosalía
Descansa Juventud de Cambados