Canal: é un equipo que vai a ser bastante complicado

Iván Canal compareceu en sala de prensa da sede da EFF Rosalía na previa á visita ao Gondomar (domingo, 19:00h, As Cercas) e analizou o encontro: “Vai ser un partido complicado, como os que estamos xogando, o Gondomar tamén está entre os oito primeiros e os 8 primeiros equipos sempre estamos ahí xuntos e tampouco perderon moitos encontros”.

“É un equipo que vai a ser bastante complicado, ademais seguramente o tempo non nos vai a axudar porque vai chover e facer vento. É unha zona fría, con aire e a ver como expoñemos o encontro, o campo vai a influír pero a ver como se da o partido”.

Racha negativa
“Bueno, perdemos dous partidos seguidos pero tampouco me preocupa. Estamos nunha escola e o máis importante é formar e xa lle dixen as rapazas que o que menos me importa son os resultados. Os resultados tamén reflicten que hai traballo detrás pero temos que centrarnos en que melloren as rapazas e conseguir, sobre todo, mellorar os resultados do ano pasado. O estamos conseguindo pero a ver se gañamos este partido para animalas un pouco e seguir cunha racha positiva”.

Zairadependenza
“Dianteiras puras, puras, só temos a Zaira. Ademais está Silvia, que ven do fútbol sala, está Isabel, unha xogadora que nunca xogou ao fútbol, xogou ao fútbol de patio con amigos e dianteiras non temos. É unha xogadora que marca a diferencia e marca goles pero fáltanos gol arriba e temos que saír a veces con 4-3-3 con dous interiores que fan de dianteiras ou dúas xogadoras como Silvia pero vaille custar ao vir do fútbol sala. Entón parece que o 80-90% dos goles que metemos son de Zaira e senón marca Zaira é un lastre que temos nos partidos”.

Recuperando efectivos
“Recuperouse Isabel do xeonllo, Isis segue enferma e non creo que poda xogar, Cae seguramente teña que traballar pero as demais xogadoras están recuperadas e a ver se non es lesiona ningunha máis. Judith recuperouse do nocello e pode estar dispoñible para o encontro”.

Erros non forzados
“Estamos a cometer erros que nos están custando os puntos. Son ademais erros nos que estamos traballando e non se poden repetir porque se xa cometes erros nos que traballas e comestes dos que non traballas, xúntanse erros e é moi difícil gañar un partido. Teñen que poñerse as pilas e intentar corrixir esos erros que traballamos e que non se cometan”.

Dous partidos antes do parón
“Nos puxemos o obxectivo de resultados que era quedar quintas ata o Nadal, entón para quedar quintas temos que gaña estes dous partidos, senón gañamos en Gondomar xa non vamos a quedar quintas. Imos a ver se cumprimos ese obxectivo e senón se cumpre teremos que analizar por que non se cumpriu e intentar mellorar pero xa lle dixen as rapazas que non se preocupen por perder dous partidos, que non pasa nada, teñen que centrarse máis en ir mellorando, collendo conceptos e pouco a pouco ir mellorando como equipo globalmente pero o obxectivo era quedar quintas ata o parón de Nadal e a ver se o podemos conseguir gañando estes dous partidos”.

Noui
“Noui cando faltou notouse moito. Viña xogando practicamente todos os partidos, é unha xogadora das mellores que temos tecnicamente e a segunda que máis goles leva e dende que falta notouse moitísimo. No sei se se notou como equipo ou globalmente a votaron de menos pero si que se notou moito porque é unha rapaza que pon 90 minutos de intensidade, desborda en banda, mete goles e ven de xogar na UDO con rapaces e nótase ese ritmo de xogo que trae. Son xogadoras máis fortes, con máis ritmo, máis velocidade e ao non estar notouse para mal”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content