Gran triunfo do Infantil no Municipal de Oira

O noso equipo gañou no Municipal de Oira cos goles de Cayetana, María, Mihret, Nicole e Sara.

Gran vitoria da Escola de Fútbol Feminino Rosalía no seu segundo compromiso consecutivo en casa. As pontinas impuxéronse ao Noia ‘C’ no Municipal de Oira no duelo correspondente á 27.ª xornada do campionato ligueiro. O noso equipo dominou o encontro de principio a fin, aínda que a sentenza non chegou ata a segunda metade do partido. A catorce minutos do final do partido, Martina reduciu distancias, pero Sara Fernández terminou de sentenciar o encontro co 5-2. Tras o triunfo, a EFF Rosalía Infantil encadea dúas vitorias consecutivas na liga.

Aos sete minutos adiantáronse as nosas. Cayetana marca desde o punto de penalti tras recibir un pase de Nuria Caride e buscar oco para o disparo. Gol que axudou ás xogadoras de Carlos Alonso a asentarse e xerar perigo en área rival. Antes do segundo, Candela probou a Iara cun disparo de falta que a gardameta despexou a córner. No 28′ Cayetana saca un córner que recolle Sara, ao non topar ocho para o remate, cede para o tiro de María desde a frontal, 2-0. Recortou distancias Uxía Amado cinco minutos despois, pero co tempo cumprido Mihret volveu ampliar a vantaxe. A interior realiza unha gran xogada individual desde o sector esquerdo, que termina cun remate á esquina (3-1, minuto 40).

Trece minutos despois do paso por vestiarios, chegou o cuarto grazas a Sara. A dianteira marcou despois dunha carreira de 60 metros na que foi superando a todas as defensa rivais para enviar o balón ao fondo da rede ao encarar a Uxía na área pequena. Seis minutos despois de cumprirse a hora de xogo, chegou o segundo das visitantes. Martina recorta distancias colocando o 4-2 no ‘luminoso’. As pontinas buscaron aumentar a renda e Nicole, moi atenta no segundo pao, recolleu o despexe da gardameta rival a un tiro de falta de Mihret, para facer quinto do equipo (67′).

Ao remate do encontro, Carlos Alonso, técnico do Infantil, quixo destacar á web do club “a presión tras perda do equipo, conxuntamente, e saída de balón pausada e con criterio”, nun partido moi serio das sus xogadoras.

Check Also

O Infantil gaña ao Louro no Municipal de Oira

O noso equipo fíxose co triunfo grazas aos tantos de Sara, Cayetana e Mihret (2).Goleada …

Ir o contido