O noso equipo afronta a domicilio a vixesimoctava xornada de Liga (17.00 h, Porriño).
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía visita ao Porriño Industrial na vigesimoctava xornada da liga (17.00 h, Municipal do Lourambal-2). Mañá, o noso equipo tratará de sumar o seu triunfo número 17 no campionato doméstico, o sétimo a domicilio.
Este será o penúltimo encontro das de Alberto Tamayo de competición ligueira no curso 2023/24 e seguro buscarán os tres puntos para esgotar a última posibilidade de meterse na fase de ascenso, matematicamente posible, pero moi difícil ao ter que non sumar puntos tres equipos.
O técnico ourensán cita a varias xogadoras dos equipos Cadete para viaxar a Porriño. Na convocatoria están Aitana, Aline, Nair, ‘Miguelón‘ e Sara. Tamén Noui, que marcou na ida e leva cinco tantos nos últimos catro partidos.
CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Noa.
Defensas: Laura, Sabela, Aitana, Sampayo e Matilde.
Centrocampistas: Bonjoch, Nair, Aline, Aldarita, Sanmiguel e Aroa.
Dianteiras: Sara, Zaira, Clau e Noui.
O rival
O Porriño Industrial arrincou esta xornada na oitava posición da táboa e encadea dúas xornadas gañando. No duelo da primeira volta, o noso equipo impúxose ao cadro porriñés con goles de Vicky, Aldarita, Noui, Candela e Antía no Municipal de Oira. Dos 37 puntos que acumula, 21 conseguiunos en casa, sendo Tamara Custodio a súa xogadora máis perigosa ofensivamente con 22 tantos en 19 partidos e autora do gol porriñés no encontro disputado o pasado mes de decembro.