Fin de semana Liga Cadete

Vitoria da EFF Rosalía ‘Amarelo’ e derrota da EFF Rosalía ‘Azul’.

Fin de semana de compromisos oficiais para os equipos da Liga Galega Cadete Feminina no subgrupo II. A Escola de Fútbol Feminino Rosalía ‘Amarelo’ logrou un importante triunfo no Municipal de Oira fronte ao CF Noia (4-0). Derrota do Cadete ‘Azul’ na súa visita ao Mos (6-0) na xornada 27.

EFF Rosalía ‘Amarelo’-CF Noia (4-0)
As de Javier Alonso lograron unha importante vitoria, sobre todo no psicolóxico, fronte ao CF Noia nun partido que dominaron de principio a final. Tanto é así, que aos cinco minutos do comezo, Sara puxo en aprietos a Claudia. No minuto 11, Sofía recibe un centro no bordo da área, pero precipítase na resolución e Claudia bloca sen problemas. Cinco minutos despois, unha boa xogada colectiva termina con outro remate de Sofía no segundo pau tras un centro de Sara desde o sector dereito. A resposta visitante chegou tras un contragolpe que finaliza María e Ainhoa, portería de emerxencia, salva na liña de gol tras unha gran intervención. Mesmas protagonistas e igual desenlace na seguinte chegada visitante, María non consegue superar á nosa gardameta no man a man aos 25 minutos de partido. Co tempo cumprido chegou o primeiro gol de Sara nunha xogada de banda a banda. Centro de Sofía desde a esquerda, Cristina non alcanza a cabecear en área pequena e o balón termina aos pés de Sara, que realiza un centro-chute que sorprende á gardameta rival e termina no fondo da rede (1-0).
Tras o descanso, chegou a sentenza. Tres minutos despois da continuación, unha ofensiva do noso equipo polo sector esquerdo termina co remate de Candela, que alcanza a tocar Claudia, pero non o suficiente para evitar o 2-0. A partir dese momento, o partido converteuse nun monólogo de chegadas das pontinas. Ata catro ocasións das azuis precederon o terceiro gol. Sara, con outro centro-chute, Sabela cun disparo desde o bordo da área, Sofía e Candela con senllos chutes probaron sorte, pero quen conseguiu o seu propósito foi África no minuto 67′. A dianteira finalizou un contragolpe ao centrar un balón á área que golpea nunha defensa rival e acaba traspasando a liña de gol. Co tempo cumprido, Sara finaliza un contragolpe que inicia Lucía cunha precisa asistencia ás costas da defensa que recolle a dianteira e envía ao fondo da rede tras regatear a Claudia na súa saída. Un minuto despois María, a punto estivo de lograr o gol da honra, pero o seu disparo desde fóra da área pasou pegado ao poste.

Ainhoa cubriu a baixa de Paula a gran altura.

UD Mos-EFF Rosalía ‘Azul’ (6-0)
O Cadete ‘Azul’, afianzado en metade de táboa, tivo enfronte un rival moi , o líder Mos, que demostrou a súa condición de equipo máximo goleador da categoría. Saíron as locais a por o partido e aos oito minutos xa mandaban no marcador co gol de Lucía Fernández. Tres minutos despois, Iria aumentaba a distancia, sentenciando nos primeiros corenta minutos formando outros dous goles mais (3-0, minuto 23′ e 4-0 no minuto 30′). A volta de vestiarios, Uxía no minuto 50 e Elisa, no 77′, aumentaron aínda máis a vantaxe para lograr a vigésimosexta vitoria das ‘avespas’ na tempada.

Check Also

Fin de semana Liga Cadete

Vitoria do ‘Azul’ e derrota do ‘Amarelo’ non Municipal de Oira. Fin de semana de …

Skip to content