Hoxe comeza a sua preparación a sub14 ourensá

Hoxe ás 16:00 no campo do Monte da Aira de Velle a selección ourensá sub14 ponse o mono de traballo e fai a sua estrea para preparar o Campionato Galego de Seleccións Territorias 18/19.

Esta tempada estrea seleccionador e inda que quede mal que o digamos nós, pensamos que é todo un acerto por parte da dirección técnica comandada por Perfecto Rodríguez “Peluso” o contar para esta nova andadura co noso mister do senior Alonso Méndez.

Estamos seguros, coñecendo a dedicación e valía do noso mister e o nivel que temos na provincia que este no a “ourensana” terá moito que dicir nesta categoría.

Para este primer adestramento, ademáis de Alonso Méndez, o noso clube estará representado por Adriana, Nicole, Rocío, Yadira, Noa y Aldara “Maceda”… unha gran representación do noso clube que esperamos disfruten e aprobeiten a experiencia.

Completan a preselección:

Maria Fernandez Atanes – Poligono
Lidia Rodriguez Dominguez – Velle 
Matilde Pousa Da Silva – Ourense CF
Aroa Novoa Franco – Peroxa
Aitana Oliveira  Rodriguez –Peroxa
Sol Pedrera Michelina – UD Ourense
Yanely Garcia Gomez – Peroxa
Alexandra Arias Novas – CF  Monforte
Ainhoa Garcia Rodriguez – CF Monforte
Teresa Olea Casanova – CF Monforte
Noa Formoso Rodriguez  – CD Maceda
Carmen Carballeda Rodriguez – CP Calasancio
Sofia Martinez Trigo – Ourense Envialia

Check Also

O Infantil cae ante o Victoria CF

As ‘azuis’ asinaron unha gran primeira parte, adiantáronse cun gol de Lara e rozaron o …