Despois do subidón de autoestima que supuxo a victoria co Gondomar FB na casa a pasada semana, o noso equipo senior visita esta semana o farolillo vermello da competición, o Cultural Areas na que é a nosa terceira visita en sete semanas a vila de Ponteareas.
O noso equipo presenta a baixa confirmada por mínimo duas semanas de Alba “PlayStation” despois do esguince de nocelo co que se tivo que retirar na primeira parte do pasado encontro.
Unha sensible baixa para o medio do campo que ben seguro saberán suplir as suas compañeiras xa que o nivel de progresión que están demostrando as máis novas é moi alto durante as últimas semanas.
Esta semana o equipo estará dirixido no Domingo Freitas por Dani Bolaño xa que Alonso Méndez ten compromiso liguero co Loñoá de Primeira Galicia. Esperamos seguir mantendo o bo nivel de xogo para subir a autoconfianza do equipo e seguir sumando puntos que nos poidan acercar a loita polas oito primeiras prazas que darían dereito a xogar a promoción de ascenso o cal sería un soño impensable fai apenas un mes.