Liga Promesas: A EFF Rosalía “A” volta ao segundo posto da táboa

As Promesas vencen ao Umia CF no partido aprazado da xornada 7.

A EFF Rosalía “A” venceu no partido disputado no Monte da Aira de Velle correspondente á xornada 7 do pasado 30 de novembro que o Umia solicitou aprazalo por problemas para poder asistir co número suficiente de xogadoras.

O primeiro equipo colocase novamente no segundo posto a falta de disputar o segundo partido que ten pendente, este contra seu inmediato perseguidor, a UD Mos.

O partido encarrilouse na primeira xogada do partido cun tempraneiro gol. O Umia conseguiu por en apuros as nosas promesas no primeiro tempo tras empatar de falta directa moi ben executada, pero as nosas ampliarían a ventaxa antes do tempo de lecer.

Xa na segunda metade a maior posesión de valor das nosas íbanse materializando en ocasións cada vez máis claras ante o cansancio dun voluntarioso Umia que non deixou de pelexar ata o final.

Con esta victoria as nosas promesas colócanse cunha renta moi boa de puntos para encarar os partidos que lle restan para rematala primeira volta. A seguir así azúis!!!

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content