O infantil gaña o torneo de reis despois de non lograr ninguna victoria

As ourensáns vencen ao Victoria FC por penaltis e conquistan o trofeo por primeira vez.

O infantil da EFF Rosalía proclamase campión do XIX Torneo de Reis da SCD Milagrosa disputado no Luís López Gorgoso de Lugo. As azuis remontaron o gol inicial do Victoria FC por medio de Sheila e así forzar a quenda de penaltis.

A final complicouse ao adiantarse as santiaguesas no marcador e ser un equipo moi bo defensivamente. Pero a Rosalía nunca se rende e cando o tempo estaba a punto de cumprirse na primeira metade Sheila á saída dun córner votado por Ester empata o encontro.

Dominio e vitoria aos penaltis
Na segunda metade o dominio foi das azuis, que conseguiran maniatar o xogo do Victoria, pero non sei viu reflectido no marcador e o título decidíase aos penaltis. Tanda moi igualada decidida no derradeiro tiro para cada equipo. Lidia non falla de tiro axustado ao pau e Rocío consegue deter o da rival para conseguir o primeiro torneo infantil no que participa a EFF Rosalía en Lugo.

ASÍ FOI O CAMIÑO Á FINAL

Fase de grupos
– SCD Milagrosa-EFF Rosalía (0-0)
Primeiro partido do torneo onde o marcador non se moveu, partido igualado onde cada equipo tivo oportunidades, principalmente o Rosalía, para poder abrir o marcador pero iste non se movería.

– EFF Rosalía-Victoria FC (1-1)
Segundo partido da fase de grupo onde as azuis, ao enfrontarse a un rival co que existe unha rivalidade sa, saíron moi motivadas ao campo. Abriu o marcador Ester, cun disparo cruzado o segundo pau nos 10 primeiros minutos. A EFF Rosalía seguiu intentando aumentar o marcador pero nos 5 minutos do final, o Victoria consegue empatar facendo así que cada equipo se repartisen un punto e a sua vez lograsen os dous o pase a final.

AS CONVOCADAS DO INFANTIL
Porteira: 
Rocio
Defensas: Marta Montes, Laura Añón e Noa Domínguez.
Centrocampistas: Cuquejo, Lidia, Ester, Sheila e Cloe.
Dianteiras: Claudia Pérez, Sara e Claudia Castro.

As infantís dirixidas por Feijóo e Yadira.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content