Liga Promesas: A EFF Rosalía “A” xoga o primeiro dos dous partidos aprazados

A EFF Rosalía “A” afronta o duelo da séptima xornada da liga (16:30 h, Monte da Aira).

Nadal diferente o que se lle presenta ao noso promesas “A”, mañá sábado disputa o último partido do ano no Monte da Aira ante o Umia CF (16:30 h, sábado), correspondente á xornada 7 de Liga. As azuis xogarán o primeiro dos dous partidos que teñen aprazados esta tempada. Doutra banda, o conxunto visitante atópase inmerso na metade da táboa e vén de perder os últimos tres compromisos, polo que tentará reverter esta situación.

O equipo de Juanma Bello que leva unha casi inmaculada tempada ten a oportunidade nestes dous enfrontamentos de comezar a volta ao “cole” no 2020 coma novo líder da competición. Unha evolución impresionante a do noso promesas “A” dun ano a esta parte gracias o gran traballo de Juanma e cada unha das súas xogadoras.

O Umia CF que nos visita este sábado é un equipo que se tivo que reinventar co paso de dúas das súas mellores xogadoras da tempada pasada á categoría infantil pero que cunha moi boa porteira e un gran traballo das súas adestradoras, estanse mostrando coma un rival moi compricado en cada partido que disputan.

O noso promesas “A” conta ca baixa confirmada dunha das súas goleadoras, a xogadora de Ribadavia María e ca dúbida de Lucía Nóvoa con problemas físicos no tendón de aquiles. 

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content