Liga Promesas: As máis pequenas a confirmar o bo xogo da semana pasada

A EFF Rosalía Promesas ‘B’ será o único representante do club en xogar este fin de semana, ao ter xornada de descanso as súas compañeiras do ‘A’.

As de Javier Alonso serán as únicas representantes da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía na decimoquinta xornada de Liga. As súas compañeiras do ‘A’ terán xornada de descanso logo da vitoria a pasada semana fronte a San Mateo.

Javier Alonso mostrouse moi orgulloso do partido das suas xogadoras a semana pasada.

CD Valladares-EFF Rosalía ‘B’
As máis pequenas viaxan a Valladares no seu terceiro desprazamento do ano. Na Gándara espera o 7º clasificado, un Valladares que non está sendo moi regular no seu campo con 2 vitorias, un empate e tres derrotas no que vai de curso. As de Javier Alonso viaxan coa intención de dar continuidade ao visto no Municipal de Oira a semana pasada, o crecemento futbolístico dun grupo chamado a ser protagonistas os próximos anos no club.
O partido dará comezo o sábado ás 12:00 horas baixo a dirección do colegiado do Comité técnico de árbitros de Vigo.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content