“Ao final van contar o mesmo o puntos contra o Mos que contra Vilariño”, explicou o adestrador.
Miguel Saa compareceu nunha roda de prensa telemática na sé da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía na previa da 15ª xornada da 2ª División Autonómica Feminina (12:00h; Municipal de Oira). O técnico dixo: “O domingo é un día como outro calquera. Ao final, van contar o mesmo o puntos contra o Mos, en caso de conseguilos, que contra Vilariño a semana pasada. Non podemos pensar que sexa un partido diferente aos demais”.
“É importantísimo puntuar todas as semanas e non imos pensar que esta semana sexa diferente. Ao final, é unha oportunidade de aproximarnos na táboa, pero non é un partido a vida ou morte. Pase o que pase o domingo quedará moita Liga”.
Rival
“Teñen un gran equipo, que polo que me contaba o seu adestrador, é un grupo humano formado polo ‘B’ e o cadete. Entre unhas 25-30 mozas sacan os dous equipos adiante e van a matar. Esa creo que é o seu gran segredo e que para competirlles hai que estar moi concentradas e facer un bo partido nas dúas áreas”.
Motivación equipo
“Non o vexo motivado. Está sendo unha semana de escasa afluencia a adestrar, na que non habemos ter a once convocables ningún dos adestramentos ata hoxe. Estou seguro que as que elixamos para xogar van dar a cara e iso é co que nos temos que quedar”.
Antecedentes
“Quizais o resultado da primeira volta parece abultado, pero foi un encontro moi igualado. Ben é certo que elas en accións preto de ambas áreas estiveron mellor e por iso leváronse o partido xustamente”.
Revancha
“Non en exceso, hai ganas de bo fútbol, ou polo menos dun partido competido e bonito, pero ao final, revancha ou non, do que pasou en Mos xa non nos acordamos e só vai importar o que suceda o domingo”.
Xornada anterior
“O equipo acabou ben, a verdade non foi bo primeiro tempo, aínda que si demos a cara no segundo e esa será a liña na que se vai a ver ao equipo este finde”.
Sara Cuiñas
“Ela é unha gran xogadora, pero non imos preparar nada específico. Contra Peñasco levabamos unha idea para parar a Tamara e ata o minuto 20′ non nos demos conta que non estaba.Ao final, hai que centrarse nun mesmo e traballar”.
Lóstrego “B”-Peñasco
“Resúltanos indiferente o que pase nese partido. É que calquera resultado pode ter unha lectura positiva para nós, no persoal gustoume máis Peñasco que Lostrego, pero elas dun xeito ou outra acaban sacando os puntos sempre”.
¿Chamada á afección?
“Iso xa non depende de nós. Ás mozas seguro que lles fai ilusión que veñan xogadoras doutras categorías, pero é algo que non adoita depender das nenas”.