Valladares-Rosalía: Facerse fortes a domicilio

A EFF Rosalía visita este sábado na Gándara ao CD Valladares a partir das 13:00 horas.

Xornada de descanso e volta a empezar. Catorce días despois, a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Infantil visita ao CD Valladares nun emocionante duelo que terá lugar nas instalacións deportivas da Gándara o domingo a partir das 13:00 horas.

Complicado, polo balance do equipo Infantil este curso a domicilio, pero non imposible. Dadas as circunstancias, as azuis acumulan unha vitoria, un empate e dúas derrotas nos seus desprazamentos fóra lonxe de O Seixo. Ademais, no partido de ida, puidéronas derrotar nun duelo do que saíron victoriosas cun 4-0 grazas aos goles de Sara (2), Nair e Candela Sanmiguel.

No plano deportivo, Diego Castro, técnico da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Infantil, xa recuperou a Candela Currás e Candela Sanmiguel para competir na Gándara, e dará a alternativa a Blanca na sua primeira convocatoria.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA INFANTIL
Porteira: Aldara.
Defensas: Aline, Ainara, Miriam, Aitana, Lucía Torres e Candela Currás.
Centrocampistas: Xiana Carballo, Sara, Nair, Alma, Zaira e Blanca.
Dianteiras: Victoria, Antia e Candela Sanmiguel.

O Partido de ida rematou con vitoria das azuis.

Valladares
O rival ocupa actualmente o 7º posto da Liga Galega Infantil Feminina con 3 puntos. Chega a este partido en racha negativa, ao non conseguir sumar puntos aos seus casillero nos seus últimos cinco encontros.

Check Also

O Infantil vence no último partido do ano (1-4)

As pontinas derrotan ao conxunto sanxenxeiro nun encontro no que tiveron que remontar o gol …

Skip to content