Liga Promesas: O derbi ourensán decántouse para a EFF Rosalía “A”, que ejercía como local

O Monte da Aira de Velle era novamente o escenario do derbi ourensán de fútbol feminino. Algo que soamente é posible ao enfrontarse os dous equipos da EFF Rosalía que compiten na liga Promesas Feminina Galega.  Por urxencia de última hora, o partido tivo que adiantarse unha xornada coa consecuente problemática para o Promesas “A”, que esta xornada descansaba, ao non poder contar con varias xogadoras e o propio adestrador, Juanma Belo. Así se facía cargo do equipo Alba Rodríguez, adestradora da EFF Rosalía infantil e boa coñecedora do cadro de persoal ao que lle tocaba dirixir.

Tarde asollada, céspede en bo estado e os dous equipos con moitas ganas de medir as súas forzas. Así se presentaba o partido que desde o principio tivo un claro dominador, a EFF Rosalía “A”, equipo moito máis rodado e líder do Grupo Sur da competición. As xogadoras do “A” superaron ás súas compañeiras no primeiro encontro do ano e certificaron a súa candidatura ao campionato do grupo sur.

O partido arrincou con claro dominio das que exercían como locais, chegando con varias ocasións á portería defendida por Iara, a mellor do seu equipo no encontro. A presión das xogadoras de Alba non tardou en dar os seus froitos e nos primeiros 25 minutos resolveron o partido con tres goles para na segunda parte facer varias probas en xogadoras en postos non habituais. Á volta do descanso, Feijóo tentou que as súas xogadoras subisen un pouco a tensión competitiva o que provocou algunha ocasión desbaratada pola defensa rival ou Aldara. Pero a protagonista sería Iaria, que con varias intervencións destacadas mantivo a súa portería cero para terminar o encontro co mesmo resultado que a primeira parte.

Ao final todas compañeiras saudáronse e demostraron, unha vez máis, que o fútbol feminino en Ourense quere crecer.

Check Also

Segunda fase Liga Alevín

Os nosos dous equipos representantes quedaron enrolados nos subgrupos D3 e D4.Regresa a liga Galega …

Skip to content