Liga Promesas: Dobre enfrentamento contra Atlético Arousana

A pesar do descanso do equipo infantil, os demáis equipos de canteira terán compromisos esta fin de semana.

Os dous equipos pertencentes a Liga Promesas comezan a segunda volta do camponato visitando o Campo de A Pelada para enfrontarse aos dous equipos do Atlético Arousana.

O partido que máis importancia ten cara a clasificación é o do promesas “A” que se enfronta ao “A” do Atlético Arousana no partido que abre a xornada (11:00). As de Juanma Bello enfróntanse ás terceiras clasificadas que con un partido máis están a un punto das nosas. Tanto as azuis como Arousana “A”, Mos e Mosteiro teñen casi asegurados os catro primeiros postos despois da primeira volta, inda que si que é certo que está por decidirse o orden clasificatorio porque están os catro primeiros postos moi apretados e pode pasar de todo.

O noso promesas “B” xoga despois (12:00) no mesmo campo nunha nova e difícil proba de maduración futbolística. As pequenas de Feijoó e Cae melloraron moito dende o primeiro partido de liga e pouco a pouco van dando pasos no seu desarrollo, pero o rival do sábado é superior e ten xogadoras de calidad o que resulta unha dura pero motivante proba para as nosas peques.

Boa mañá de fútbol e convivencia no Campo de A Pelada de Vilagarcía e sobre todo a disfrutar Rosalías!!!

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content