EFF Rosalía "B".

Liga Promesas: O fútbol débelle unha ao promesas “B”

Nova fin de semana de compromisos de Liga para os equipos da Liga Promesas, ainda que soamente a EFF Rosalía “B” dogos ao suspenderse o partido do “A” fronte o Mos polo temporal que asolou Galicia o mércores.

EFF Rosalía “B”

EFF Rosalía “B”-Juventud Cambados
Gran partido do promesas “B” na derradeira xornada da primeira volta que se decidiu nos dez últimos e tolos minutos con fallo humano clamoroso da colexiada do encontro incluido. 

Visitábanos o Cambados na xornada aprazada a semana anterior e o partido foi disputadísimo, unha melloría espectacular en canto a colocación e actitude do noso promesas “B” fixo que o partido estivera a puntiño de darlle a primeira gran alegría a este equipo ao que o fútbol xa ten que comezar a facerlle algo de xustiza. 

A primeira parte foi igualadísima, apenas ocasións en ningún área. Certo que as nosas inda seguen tendo carencias no último tercio de campo, pero Carballo, Ainoa e Nicole tentárono en varias ocasións sen éxito. En defensa a forza de Noa Sanz e a intelixencia dunha espectacular Elena facían que Iara non pasara ningún apuro ata chegar ao descanso. 

A segunda parte comezou cos mesmos derroteros, cando quedaban dez minutos e parecía que todo estaba controlado e de chegar o gol parecía máis claro que chegara na porta do Cambados, unha desafortunada xogada facía que tras tres rebotes a peñota se colara lentamente no pau dereito da portería de Iara. 0-1 e mazazo para as nosas peques que teñen moitos problemas para facer gol. 

O gol en contra, lonxe de undilas espoleou ás nosas xogadoras que se botaron enriba do marco rival, a cinco minutos do final Ainoa nunha gran xogada individual desfaise da súa marca e cruza o balón lonxe do alcance da porteira do Cambados. Locura total no Monte da Aira, todas as xogadoras do promesas B abrazadas e incomprensiblemente a colexiada do encontro sinala falta en contra das nosas. Mazazo para as peques que non entendían o por qué. 

Xa na derradeira xogada do encontro un claro e inocente penalti feito por Elena supuxo o definitivo 0-2. Como anécdota queda que a colexiada non viu o penalti, pero a inocencia e a lealtade das nosas peques fixo que elas mesmas o pitaran antes o sorriso da colexiada. 

As peques do promesas “B” rematan a primeira volta sen alegrías en cuanto a resultados pero cun notable avance no seu xogo e desnvolvemento como futbolistas. Estamos moi orgullosos dende a Escola do esforzo e a ilusión que están a demostran as xogadoras de este equipo, todas elas recén chegadas a escola. Parebéns tamén a Feijoó e Cae polo traballo con elas.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content